NOVA MATRÍCULA PARA O CURSO 2014-15

O ALUMNADO DE NOVA ADMISIÓN PARA O CURSO 2014-15 DEBE FORMALIZAR MATRÍCULA  DO 20 AO 30 DE XUÑO.

CONVÓCASE ÁS FAMILIAS DO NOVO ALUMNADO DE 3 ANOS (4º E. INFANTIL) A UNHA REUNIÓN O XOVES 26 ÁS 10 DA MAÑÁ. NESTA REUNIÓN PODEN APROVEITAR PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA CUBRINDO O DOCUMENTO QUE SE LLES ENTREGA.

Nota: A reunión inicialmente prevista para o martes 24 trasládase polo tanto ao xoves 26. Rogamos desculpas pola variación desta data.

Galería fotográfica excursión 6º

Na seguinte icona está o enlace para acceder á galería fotográfica da excursión.

Unha aperta.

album 1 Álbum 3 
Álbum 1 Álbum 2  Álbum 3

 

 

VIAXE A ILLA DE ONS 5º- FOTOS

Saúdos. Estamos a subir á nosa galería as fotos da excursión. Dende ela poderás visualizar e descargar as fotos realizadas.  O alumnado que o desexe poderá pasar polo centro e solicitar unha copia das mesmas ou traer unha chave USB para gardalas.

Fai clic na imaxe e chegarás á Galería de Fotos

 

 

 

 

 

 

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

Despois dos avatares coa saída matinal do centro, á tarde todas e todos os participantes na saída quedaron instalados nas instalacións do Colectivo Galego de Montaña nas carballeiras do río Verdugo.

Pola tarde realizaron diferentes actividades (tirolina...). Pasaron unha boa noite e pola mañá diríxense a facer un percorrido polos canóns do río e, como o tempo o permite, e no lugar indicado polos monitores, poderán darse un baño no Verdugo.

Todo marcha según o previsto. A única variación é que RETRASAN O REGRESO ÁS 7´30.

 

Reportaxe sobre a LOMCE no CEIP Escultor Acuña

sentímolo, flash non está dispoñible.

Neste vídeo tedes a reportaxe publicado na TVE-Galicia realizado no noso centro sobre a próxima implantación do currículo LOMCE para Educación Primaria.

Distribuir contido