Skip to Content

Reto matemático. 6º B

O día 11 de marzo nenos e nenas de sexto participamos no taller matemático IMATXINA 2014, que se celebrou na fundación Barrie de la Maza. Coincidimos á mesma hora co IES POLITÉCNICO de Vigo, estabamos na sala unha oitenta persoas,  cada grupo na súas mesas atendendo primeiro aos monitores para logo realizar os diferentes xogos e actividades propostas.
A nosa clase dividiuse en dous grupos de doce e cada grupo ía pasando polos diferentes talleres: calculadora, tangran,
pentaminós, hexamantes, policubos, espellos, xogos de estratexia e resolución de problemas.
Resultou tan interesante, que sempre lles parecía demasiado pronto para cambiar de taller a outra mesa.
Tamén participamos na confección da Esponxa de Menger, como non tiñamos moito tempo axudáronnos os compañeiros de quinto. Tratábase de construír 160.000 cubos entre todos os participantes, para logo unilos nunha gran construcción..

Ggalería fotográfica facendo clic na seguinte icona:

reto matemático



page | by Dr. Radut