Skip to Content

Minivoley no CEIP Escultor Acuña

Novamente Miguel Larrea, adestrador de Voleibol, compartiu co noso alumnado do Segundo Ciclo de Eduación Primaria a súa "sabedoría", experiencia e paixón polo deporte en xeral, como medio para conseguir unha vida saudable; e, particularmente, por un dos deportes máis coeducativos.

Por ser un deporte de equipo e por ter as características que posúe, este deporte, fomenta no alumnado actitudes de integración, traballo en equipo, respecto aos  outros (compañeiros e adversarios), actitudes de xogo limpo e respecto ás normas…(Competencia moral e cidadá). Si temos en conta a contorna no que se desenvolve, os materiais utilizados así como o movemento propio e o dos compañeiros cos que ten que cooperar ou opoñerse, establecemos a competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico. En canto ao respecto á autonomía e iniciativa persoal, o minivoley permite desenvolver actitudes de superación, responsabilidade e constancia, o cal redunda eficaz e positivamente na propia autoestima.

Na seguinte icona está o enlace da galería fotográfica.



page | by Dr. Radut