Skip to Content

Descubrindo o Norte 2016

O CEIP Escultor Acuña, o Carballal-Cabral e o IES Álvaro Cunqueiro construiron un ano máis o proxecto interdisciplinar "Descubrindo o Norte" onde, a partir do deporte de orientación constrúese o coñecemento nos diferentes ámbitos para desenvolver as Competencias.

Carlos Spuch Calvar, pola súa parte abríu aos ollos do noso alumnado, o marabilloso mundo da neurociencia nunha amena conferencia interactiva.

O catedrático Pío González Fernández, do departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo achegou o apaixonante mundo da ciencia ao noso alumnado con obradoiros de física.  Da man dos seus  compañeiros de equipo de  investigación Julia Serra presentounos os avances conseguidos no campo dos biomateriais, campo que lideran en España.

Federico Mallo Ferrer mantivo unha divertida, intensa e interesantísima charla sobre os principais aspectos da alimentación e a nutrición.

A Oficina de Medio Ambiente desvelou os segredos do ecosistema do Campus e a biodiversidade que podemos atopar na súa contorna.

Finalmente, despois dunha pausa para comer, o Servizo de deportes da Universidade de Vigo colaborou connosco para desenvolver unha carreira de orientación, na que estivo invitada a comunidade escolar, preámbulo das competicións deportivas escolares.

Nas seguintes iconas atópanse os enlaces das galerías fotográficas.

       

Carlos Spuch Neurociencia

 Orientación

no Colexio

 XornadaMonte Galiñeiro

 Xornada

Campus

Campionato Provincial Campionato Autonómico


page | by Dr. Radut