Skip to Content

Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

 

 

DICVM

O día 25 de novembro, a nosa comunidade educativa reúnese para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Neste acto queremos concienciar e facer visible que a violencia contra as nenas e as mulleres e o tipo de violencia máis extendido nas nosas sociedades. Dende o noso cole queremos aportar unha reflexión para promover un cambio de actitude que nos faga camiñar cara a unha igualdade efectiva de xénero onde o diálogo, a empatía e o respecto sexan as sinais das nosas relacións. Necesitamos de todas e todos vós, moito ánimo e ...adiante coa igualdade.

 

 

 

 

 

 

PROCESO DE RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR 21-22

Ola familias:

Como sabedes, xa está en marcha a renovación do noso Consello Escolar. Este órgano colexiado onde están representados os distintos sectores do centro ( familias, profesorado, persoal non docente e Concello) terá o martes. dia 23 de novembro, a súa xornada de votacións. Antes desa data a Xunta Electoral está organizando e supervisando os procesos previos ( censos electorais, prazas a renovar, candidaturas, etc).

Neste momento ( 8 de novembro) publicamos un comunicado informativo e o censo electoral co obxecto de que comprobedes a vosa presenza no mesmo. Tamén tedes á vosa disposición o calendario do proceso e un modelo de candidatura para presentarse ao sector das familias. Para acceder a estes dous últimos documentos, facer "clic" en Adxuntos

Moita sáude e contamos coa vosa participación neste proceso. Grazas

 

 

 

 

 

COMUNICADO ÁS FAMILIAS DO 6 DE OUTUBRO

COMUNICADO DA ORGANIZACIÓN DO DÍA INICIAL DO CURSO

Prezadas Familias:

En documento adxunto tedes información básica sobre a organización da sesión inaugural do curso. Ante calquera dúbuida, consultar coa nosa secretaría (886 120 115). Un cordial saúdo e moito ánimo para a xornada de mañá.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut