Skip to Content

DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

la familias:

Este venres, día 29 de xaneiro, celebraremos no cole o Día Escolar da Paz e da Non Violencia 2021. Máis que nunca, nun entorno complicado a nivel mundial, "A Paz é o Camiño" (Mahtama Ghandi). Imos a celebralo coa mensaxe e ritmo desta fabulosa e alegre canción de Uxía Lambona "De Festa". Moita saúde... e Paz. Facer "clic" na imaxe para acceder ao vídeo.

 

Paz2021

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2022-2023

 

 Prezadas familias:

Deixamos neste apartado as datas, documentos e prazos para solicitar praza e formalizar a matrícula cara o vindeiro curso 2022-2023. Ante calquera dúbida, contactar coa nosa secretaría (886 120 115).  Para acceder ao documento, facer "clic" na imaxe. Recibide un cordial saúdo.

 

Admisión_ 22_23

 

Para ter unha visión máis ampla do proceso e poder acceder aos documentos de solicitude de praza e matrícula, aconsellamos visitedes a páxina de Escolarización da Consellería de Educación, facendo "clic" na seguinte imaxe.

 

Admisión_ 22_23

 

 

  

 

Prezadas familias:

Con data de hoxe, luns 11 de xaneiro, iníciase o proceso de admisión de alumnado  en centros educativos para o vindeiro curso 2021-2022. Na primeira fase soamente afecta ao alumnado que cursa 6º de Educación Primaria co obxecto de reservar praza educativa no noso instituto adscrito (IES Álvaro Cunqueiro ). Pregamos leades as fases deste proceso facendo "clic" na imaxe e accedendo ao cadro resumo. Coma sempre, se tedes dúbidas, contactade connosco no 886 120 115. Moito ánimo e saúde.

Facede click para acceder ao contido

NADAL VIRTUAL 2020- VISÍTANOS

Prezadas familias:

Xa tedes na páxina principal da Aula Virtual as actuacións navideñas dos distintos grupos educativos. Tamén tedes a panxoliña virtual de felicitación de todas e todos as/os "Escultoras e Escultores" en lingua de signos e as postais de Nadal 2020. Desfrutade coas nosas e nosos artistas.

E sempre.... FELIZ NADAL

Nadal20

Felicitación de Nadal

Prezadas familias:

Máis que nunca, necesitamos dun Nadal solidario, renovador e cheo de ilusións. Dende o cole envíamos... a nosa parte. Moita saúde e ilusión.

 

Comunicación dun caso COVID19 no centro

Prezadas familias:

No día de hoxe, sábado 12 de decembro, a Consellería de Sanidade informounos dun caso positivo da COVID19 no noso centro. O caso queda restrinxido ao grupo de 6º B de Educación Infantil. As familias dos contactos estreitos xa foron informadas polo Equipo COVID. Ao mesmo tempo, foi remitido un comunicado informativo ao resto da comunidade educativa pola aplicación Abalarmobil.

O alumnado deste grupo quedará en período de corentena por ser considerado contacto estreito. O resto do alumnado do centro educativo pode seguir, con normalidade, o seu proceso educativo. De todos xeitos, pregamos unha supervisión de posibles sintomatoloxías nestes próximos días e o máximo nivel de cumprimento da normativa sanitaria. De ser o caso, prégase contactar co equipo COVID do centro (886 120 115). 

Ante calquer dúbida, contactar coa nosa secretaría. Moita saúde e moito ánimo.  O Equipo Educativo

Nota: tedes no arquivo axunto, o modelo oficial de comunicación da Consellería de Educación remitido dende o centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut