Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2022-2023: CALENDARIO DE SOLICITUDE DE PRAZA

Prezadas familias:

Neste apartado tedes, á vosa disposición, o calendario de solicitude de prazas e de formalización de novas matrículas para o vindeiro curso 2022-2023. Facer"clic" na imaxe para acceder ao documento. Se tedes algunha dúbida, contactade coa nosa secretaría (886 120 115). Recibide un cordial saúdo.

 

 Admisión_ 22_23

 

 

 

Visita a páxina de Escolas Vigo do Concello de Vigo para coñecer as datas do proceso de Admisión, as Zonas Educativas e as Fichas Informativas de cada centro. (fai clic na imaxe)

 

Escolas_Vigo

 

UNHA MENSAXE DE PAZ DENDE O NOSO COMEDOR

O equipo de monitoras, coidadoras. alumnas e alumnos de comedor. invítannos a reflexionar sobre o valor da paz , a dor que causa a violencia e o necesario compromiso colectivo para mudar maltrato por empatía e sorrisas. Grazas polo voso estupendo traballo.  Facer "clic" na imaxe para ver o vídeo.

Paz_2022_comedor

A NOSA CANCIÓN PARA CONMEMORAR A PAZ 2022 (LSE)

Hoxe conmemoramos o Día da Paz Escolar e da Non Violencia 2022. Preme na imaxe e comparte connosco a noso compromiso cun mundo máis pacifíco, amable e positivo. Anímate e practica en LSE!!!

 

Paz2022

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2022-2023: RESERVA DE PRAZA NO IES ÁLVARO CUNQUEIRO

Prezadas familias:

Dende o luns 8 de xaneiro está aberto o novo prazo de admisión de alumnos en centros educativos. Nesta primeira fase soamente está activa a solicitude de reserva en centros adscritos para cambio de etapa educativa (primaria a secundaria). No noso caso implica unicamente ao alumnado que vai realizar a educación secundaria no IES Álvaro Cunqueiro.  Tedes toda a información no documento que se abrirá ao facer "clic" na imaxe. Ante calquera dúbida, contactar coa nosa secretaría (886 120 115)

Admision_22_23

BENVIDAS E BENVIDOS AO 2022

Prezadas familias:

Comezamos, con moita ilusión, este novo aniño 2022. De seguro, que este vai ser o ano no que venceremos á pandemia e recuperaremos todas aquelas "pequenas" cousas que nos fan máis felices: ver un sorriso, dar unha aperta, xuntarnos sen distancia e compartir sen restricións. Benvidas e Benvidos "Escultoras e Escultores" e adiante con todos os proxectos e desexos que nos fagan ser mellores como sociedade. Apertas!!!

2022

Distribuir contido


by Dr. Radut