Skip to Content

3º ciclo

Descubrindo o Norte 2016

O CEIP Escultor Acuña, o Carballal-Cabral e o IES Álvaro Cunqueiro construiron un ano máis o proxecto interdisciplinar "Descubrindo o Norte" onde, a partir do deporte de orientación constrúese o coñecemento nos diferentes ámbitos para desenvolver as Competencias.

Carlos Spuch Calvar, pola súa parte abríu aos ollos do noso alumnado, o marabilloso mundo da neurociencia nunha amena conferencia interactiva.

O catedrático Pío González Fernández, do departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo achegou o apaixonante mundo da ciencia ao noso alumnado con obradoiros de física.  Da man dos seus  compañeiros de equipo de  investigación Julia Serra presentounos os avances conseguidos no campo dos biomateriais, campo que lideran en España.

Federico Mallo Ferrer mantivo unha divertida, intensa e interesantísima charla sobre os principais aspectos da alimentación e a nutrición.

A Oficina de Medio Ambiente desvelou os segredos do ecosistema do Campus e a biodiversidade que podemos atopar na súa contorna.

Finalmente, despois dunha pausa para comer, o Servizo de deportes da Universidade de Vigo colaborou connosco para desenvolver unha carreira de orientación, na que estivo invitada a comunidade escolar, preámbulo das competicións deportivas escolares.

Nas seguintes iconas atópanse os enlaces das galerías fotográficas.

       

Carlos Spuch Neurociencia

 Orientación

no Colexio

 XornadaMonte Galiñeiro

 Xornada

Campus

Campionato Provincial Campionato Autonómico

O Atletismo: Protagonista no CEIP Escultor Acuña

O Atletismo é o deporte que se fundamenta nas calidades naturais do home que son correr, lanzar e saltar. A súa orixe sitúase na antiga Grecia e chegou a ser considerado como o rei dos deportes.

A maioría dos deportes coñecidos precisan polo menos un dos fundamentos do atletismo: corremos, lanzamos ou saltamos cando practicamos deportes. A todo isto habería que engadir todos os valores intrínsecos do deporte que conformana o carácter e madurez das persoas a través do desenvolvmento de conductas sociomotrices.

O alumnado de 5º do CEIP Escultor Acuña participou na final da competición atlética  escolar celebrada a semana pasada no Centro Galego de Tecnificación Deportiva en Pontevedra e  acadou o 2º posto. Parabéns.

atletismo
Atletismo 5º A

Montando en bici.

Un ano máis o alumnado do CEIP Escultor Acuña  gozou dunha xornada deportiva con bicicletas dirixida polo CLUB CICLISTA VIGUÉS. Esta actividade organizouse desde o departamento de Educación Física. Os aspectos lúdicos, técnicos e de prevención de riscos foron os eixes vertebradores. O noso agradecimiento ao Club Ciclista Vigués que, de forma tan altruísta como didáctica, transmitiu a súa paixón polo deporte da bicicleta nas súas distintas variantes.

d
Alumando de 1º e 2º Alumando de 3º e 4º Alumando de 5º e 6º

Descubrindo o Norte: Campionato Provincial de Orientación / Campionato Galego

Un ano máis o equipo de Orientación CEIP Escultor Acuña / IES Álvaro Cunqueiro xurdido a partires do Proxecto “Descubrindo o Norte” en colaboración coa Universidade de Vigo, ven de participar no Campionato Escolar Provincial de Orientación que organizou o Club Aromón dentro do programa Xogade, incluído no Plan Proxecta.

Os rapaces e rapazas competiron nunha estupenda xornada deportiva onde tiveron a oportunidade de poñer en práctica todos os contidos traballados no proxecto. A satisfacción foi grande pois, ao marxe dos resultados (5 medallas das 12 en xogo), divertíronse, esforzáronse, e foron moi responsables. Parabéns.

O vindeiro sábado, día 16 de abril, clasificados (13 rapazas e rapaces), participarán no Campionato Escolar Galego de Orientación en O Carballiño.

Na seguinte iconas están os enlaces da galería fotográfica e os clasificados para o Autonómico.

 

ori clasificados
Galería do Campionato Provincial Clasificados Galería do Campionato Galego

 

 

 

Conferencia sobre Neurociencia

O próximo día 9, dentro do proxecto "Descubrindo o Norte", onde a CIENCIA xoga un papel básico, o alumnado do 6º curso de Educación Primaria asistirá a unha conferencia interactiva sobre neurociencia. O ponente será o Dr. D.Carlos Spuch Calvar, investigador no Instituto de Investigación Biomédica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Está especializado en enfermidades neurolóxicas e dexenerativas e como a alimentación afecta a esas enfermidades. Recoñecido internacionalmente, virá sementar a  curiosidade científica entre nós, introducíndonos no mundo da Neurociencia, é dicir, todo aquilo que está relacionado co noso cerebro.
 
Nos seguintes iconas vos deixo algúns enlaces para que poidades saber casi tanto como Carlos Spuch. Ánimo.
 
microscop lim Video intensamente don

Galería fotográfica

Actividade

didáctica

Controlamos as nosas

emocións?

Descubrindo o Norte

no curso pasado.

Distribuir contido


by Dr. Radut