Documentos

Adhesivos para non esquecernos da lingua

Aquí podedes ver algúns adhesivos realizados polo alumnado do noso centro para non esquecernos da lingua galega. Como di o gran poeta  CELSO EMILIO FERREIRO:

...

falar a fala nai,

a fala dos avós que temos mortos.

e ser, co rostro erguido,

mariñeiros, labregos da linguaxe

...

LETRAS GALEGAS 2012: Don VALENTÍN PAZ ANDRADE

Xornalista, poeta, xurista, conferenciante, político... a ampla produción de Paz Andrade sorpréndenos pola súa calidade e a variedade dos seus intereses.

Podemos aprender ou atopar moito na páxina da REAL ACADEMIA GALEGA:

LETRAS GALEGAS 2012

http://www.realacademiagalega.org/letras-actual

e tamén nas seguintes páxinas da XUNTA DE GALICIA

http://www.xunta.es/linguagalega/espazo_web_valentin_paz_andrade

www.valentinpazandrade.es

http://www.valentinpazandrade.es/gl/biografia

http://www.valentinpazandrade.es/gl/bibliografia

http://www.valentinpazandrade.es/gl/multimedia  (Audios, vídeos. imaxes)

http://www.valentinpazandrade.es/gl/novas

http://www.valentinpazandrade.es/gl/axenda

http://www.valentinpazandrade.es/gl/exposicions

 

 

Aquí van unha serie de LIMs feitos polo profesorado do CEIP Frián-Teis. Moitas grazas polo voso traballo:

 Lim para o 3º Ciclo

 Xogamos para o 2º Ciclo

Xogamos para 1º Ciclo e Ed. Infantil

 Lim para Ed. Infantil

 

Libro Interactivo Multimedia con actividades sobre a biografía de Valentín Paz Andrade

 

 Lim para Ed. Infantil e o 1º ciclo 

 Lim para o 2º e 3º ciclos

 

  

Valentin Paz Andrade

de hupabalea 445 visitas


Valentín Paz Andrade

Video en "Longa noite de pedra"

  

  

Telexornal Paz Andrade

Informativo realizado nos estudos do CPI dos Dices en Rois que repasa a vida ea obra de Valentín Paz Andrade

de videocpidosdices Hai 1 mes 1592 visitas

Valentín Paz Andrade. CEIP San Xoán de Filgueira

"Cando ti volvas...", poema de Valentín Paz Andrade. PRANTO MATRICIAL in memoriam Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Música: "Marcha procesional ...

de mabesanxoanfilgueira Hai 3 semanas 440 visitas

Pranto matricial : Paz Andrade / 2naFronteira

Música de 2nafronteira para un poema de Paz Andrade (Letras Galegas 2012): Pranto matricial, que el dedicou ó retorno de Castelao a Galiza ...

    Hai 2 semanas 404 visitas

Catrivium da mapoula: Paz Andrade / 2nafronteira

Música de 2nafronteira pra un poema de Valentín Paz Andrade (Letras Galegas 2012). Gracias a Gino Borio que nos abriu a súa casa e estudio para ...

  

Valentín Paz Andrade. Compromiso con Galicia

Documental sobre a vida e a obra de Valentín Paz Andrade.

 

 

Paz Andrade, supervivente

Vídeo didáctico no que se repasan episodios sobranceiros na vida de Paz Andrade

Vídeo da exposición sobre Valentín Paz-Andrade. Xunta de Galicia, 2012

Percorrido polas distintas facetas de Valentín Paz-Andrade. Letras galegas 2012

de VPA2012 

 

Valentín Paz Andrade -IES as Barxas

Valentín Paz Andrade interpretado pol@s nen@s e Vero, a nosa PT, no IES as Barxas O QUE TODO GALEGO CHORARÍA CHORA, TERRA, TEU PRANTO das augas, e ...

de AUDIOVISUALASBARXAS  

  

  

ÚLTIMOS BOLETÍNS DA RAG

Para consultalos preme en:

ÚLTIMOS BOLETÍNS DA REAL ACADEMIA GALEGA

Cédula da nosa poetisa ROSALÍA

A cédula de identificación de Rosalía

Cédula de identidade de Rosalía de Castro
No documento pódese ler o nome completo da poeta: Rosalía Castro Abadía.


Esta cédula persoal a nome de Rosalía de Castro foi expedida en Padrón o 23 de outubro de 1884, cando a poeta contaba 47 anos.

A cédula persoal nace en 1874 co fin de substituír a cédula de empadroamento, e, á súa vez, foi substituída polo DNI en 1944. Tratábase dun documento de expedición obrigatoria para todas as persoas maiores de 14 anos e residentes no territorio español, xa fosen desta nacionalidade ou estranxeiros.

O documento tiña unha dobre finalidade: identificadora e tributaria. Como carta de identidade non resultaba moi útil, pois podía obterse sen outro requisito que o do empadroamento, sen que fose preceptivo asinala ante o funcionario.

A súa concepción foi, pois, non tanto a de documento de identificación senón, máis ben, a de xustificante de ter pagado un imposto directo –fixado por niveis de renda- aínda que tamén podía, ou debía, ser usado como carta de identidade en caso necesario. Loxicamente, ao ser un imposto sobre a renda, permitía coñecer a categoría económica á que pertencía o identificado.

En 1884, Rosalía vivía en Padrón con toda a súa familia. É o derradeiro ano da súa vida, pois en 1885 morría enferma de cancro. O mesmo 1884 foi, tamén, o ano da súa última publicación en vida: En las orillas de Sar. Conclúe Rosalía neste libro o ciclo poético que comezara vinte un anos antes coa publicación de Cantares Gallegos.

A cédula que presentamos pertence á colección de documentos históricos da RAG, e a súa forma de ingreso foi polo procedemento de compra.

Normas ortográficas e morfolóxicas do galego

Aquí vos presentamos un documento moi útil sobre os cambios no novo texto das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, aprobadas pola Real Academia Galega, en sesión plenaria do día 12 de xullo de 2003, con respecto ó texto da edición de 1995.

Para consultalo ou descargalo no teu ordenador pica AQUÍ

Distribuir contido

Back to top