Curso 2008/2009

Xornada informativa

O mércores ,día 8 de xullo ,o equipo directivo do Centro permanecerá no mesmo de 10:00h. a 13:00h.para informar aos pais/nais do alumnado sobre a adquisición dos libros de texto do próximo curso.

Consulta ás familias sobre o idioma

Dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística enviannos en arquivo anexo (tamén en http://www.coordinadoraendl.org/doc/linguassuman.pdf) un tríptico informativo que poñemos á disposición de todos aqueles ENDL, ANPAS, direccións de centros ou calquera persoa da comunidade educativa ou relacionada co mundo do ensino, e mesmo da sociedade en xeral, que queira difundilo.

 

O seu obxectivo é ofrecer información rigorosa sobre a aprendizaxe de linguas no noso ensino nun escenario problemático como o actual, determinado por intereses alleos aos estritamente pedagóxicos e que están ameazando a convivencia nos centros. Á falta dunha campaña informativa institucional e ante a inminente distribución por parte da administración educativa dunha enquisa ás familias carente de rigorosidade científica e de fiabilidade, a CGENDL quere apostar polo dereito dos nenos e nenas a ser igualmente competentes en galego e castelán abrindo un debate real sobre as medidas que temos que adoptar para conseguir que dominen plenamente as dúas linguas, tal e como establece a LOE.

 

Tríptico "As linguas suman"

 

Carta-presentación do tríptico informativo da CGENDL

 

O Maio

Xa podedes ver as fotos do maio deste ano picando AQUÍ.

Ademais como xa seberedes este ano tamén saimos no Faro de Vigo do 1 de maio, se queredes ler o artigo podedes picar AQUÍ.

BLOG DA BIBLIOTECA

Lembrade que temos blog da biblioteca, chámase

O CANTIL DAS PALABRAS

Para entrar pica AQUÍ

 

Fotos do Entroido

Xa podedes ver as fotos do Entroido picando AQUI

le="width:426px;text-align:left;">

¡CHEGA O ENTROIDO!

¡CHEGA O ENTROIDO!

Estase achegando o Entroido e no "cole",coma todos os anos imos celebralo cun desfile que   saíndo   do colexio percorrerá os camiños de  O Piñeiro e Gandón. Será o vindeiro venres,día 20 , comezará ás 11:30 e contamos que dure aproximadamente unha hora e media. Logo ,para repoñer forzas ,merendaremos as filloas,orellas ,chulas...feitas polas familias do alumnado - ás que dende aquí dámoslles as grazas por adiantado-.

Convidámosvos a tod@s a acompañarnos nesta troula.

¡Ímolo pasar moi ben!

¡LEMBRADE QUE ATA O XOVES 26 NON VOLVE HABER CLASE!

Distribuir contido

Back to top