Skip to Content

 

   

RECURSOS PARA O SAMAÍN E O MAGOSTO

Genially con actividades sobre o texto "O noso Samaín", de Loretta Birott, para o alumnado de Ed. Primaria.

  

Unidade didáctica sobre o magosto: https://es.calameo.com/read/006704766051cd5f526ea

PONTE NO MEU LUGAR

O alumnado de 6º participará os vindeiros días 21 e 22 de outubro no Programa Ponte no meu lugar, unha recoñecida actividade promovida e desenvolvida por esta asociación que ten como principal obxectivo o de achegar a discapacidade en primeira persoa a través de dinámicas e accións participativas que procuran a reflexión entre o alumnado de 6º de Primaria e o profesorado.

 

 

O noso alumnado de sexto diante no noso mural sobre igualdade e inclusión. 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Xa empezamos a preparar o Día das Bibliotecas Escolares cunha serie e lecturas nos distintos grupos.

DÍA EUROPEO DA PARADA CARDIACA

O venres 15 de outubro o alumnado de 5º e 6º participou nun acto colectivo de RCP coordinado polo CFR de Ferrol en colaboración co 061.

O alumnado recibiu unha serie de consellos relacionados coas maniobras de reanimación e o uso de desfibriladores. 

 

GUÍA DE LIBROS PARA A BIBLIOTECA INCLUSIVA

No seguinte enlace hai unha guía de libros relacionados coa inclusión.

GUÍA

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2023-2024 (actualizado 29/11/2023)

A CONCRECIÓN CURRICULAR é o marco polo cal se rexen as programacións didácticas.

Consulta das programacións didácticas das distintas etapas e niveis educativos.

4EI
3 anos

5EI
4 anos

 

6EI
5 anos

 

 


   

PLAN DIXITAL DE CENTRO

Acceso á Aula Virtual 

 Ámbito Ferrol - Adix Ferrol 1 

Os centros educativos crearán un Plan Dixital segundo a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021 2022.

 

Calendario:

  • Curso 2021-2022: elaboración do Plan Dixital de centro.
  • Curso 2022-2023: implementación e aplicación do plan dixital.

Proceso a seguir:

  • Realizar unha análise da situación do centro en dous eixes SELFIE e Test de Competencia Dixital Docente.
  • Realizar a diagnose da situación do centro
  • Elaboración do plan.

Equipo de Dinamización do Plan Dixital:

  • Dirección do centro.
  • Un membro do claustro que actuará como coordinador/a.
  • Máis profesorado si se estima necesario.

 

Aprobación por parte do Consello Escolar no último trimestre do curso 2021-2022 unha vez oído ao Claustro.

WEB de recursos e información.

 

Análise DAFO 2022:

  1. Resultados SELFIE
  2. Resultados test CDD

AXENDA ESCOLAR 2021-2022

Xa temos a axenda deste ano preparadao para o alumnado.

AXENDA

 

INFORMACIÓN DE INICIO DE CURSO 2021-2022

CURSO ESCOLAR 2021-2022

  

 REUNIÓNS COAS FAMILIAS (1 membro da familia)

 

LUNS 6 DE SETEMBRO MARTES 7 DE SETEMBRO MÉRCORES 8 DE SETEMBRO

- 4º Educación Primaria - 10:00 - Usos múltiples

- 1º Educación Primaria - 11:30 - Usos múltiples

- 5ºB Educación Primaria - 13:00 - Aula EP5B

- 5ºA Educación Primaria - 13:10 - Aula EP5A

 - 3 anos Educación Infantil - 9:30 - Usos múltiples

 - 5 anos Educación Infantil - 11:00 - Usos múltiples

 - 4 anos Educación Infantil - 12:30 - Usos múltiples

 - 3º Educación Primaria - 10:00 - Usos múltiples 

- 6ºB Educación Primaria - 10:15 - Aula EP6B

- 6ºA Educación Primaria - 10:30 - Aula EP6A

- 2º Educación Primaria - 11:30 - Usos múltiples

 

PRIMEIRO DÍA DE CLASE

As clases comezarán o 9 de setembro para o alumnado de Educación Infantil e Primaria en horario habitual de 09:00 a 14:00 (agás para o alumnado de 4º de educación Infantil - 3 anos que recibirán as instrucións na reunión coa titora).

As entradas e saídas serán escalonadas como o curso anterior estando marcadas as horas nas portas de entrada ao recinto (porta 1 para infantil e porta 3 para primaria). É preciso que sexamos puntuais e respectemos os horarios asignados para evitar aglomeracións inncesarias.

Dispoñedes de máis información no seguinte documento.

 

SERVIZO DE COMEDOR

O servizo de comedor terá as seguintes quendas:

  1. Servizo de almorzo de 7:30 a 9:00h.
  2. Servizo de xantar de 14:00 a 15:30h.

Dito servizo terá as seguintes características:

  1. O alumnado empregará o comedor do centro sentado por grupos estables de convivencia (clase) en mesas separadas do resto.
  2. Os sitios serán fixos respectando as distancias co resto de grupos estables.
  3. Os comensais serán fixos no almorzo e xantar, podendo ser días determinados ou a semana completa, sen poder apuntarse ao servizo nun día por un imprevisto.

Para poder apuntarse ao servizo é preciso inscribirse a través do aplicativo COLECHEF con data tope o luns 6 de setembro.

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Informaremos das actividades tras a reunión co Concello.

 

CALENDARIO ESCOLAR 2021-2022

 

Lembrade que tedes na sección correspondente ao COVID-19 toda a información para este curso escolar.

REMUÍÑOS 2020-2021

Xa temos a revista deste ano rematada.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut