You are hereDesfile do Entroido

Desfile do Entroido


O próximo venres 17 de febreiro ás 12:30h. o alumnado do CEIP Eusebio da Guarda realizará o tradicional desfile do Entroido. Comezará coa saida pola porta principal do centro, baixando pola rampa dereita con dirección ao IES Eusebio da Guarda, seguindo despois o croquis que achegamos.

A temática dos disfraces deste ano son os seguintes:

Educación Infantil:

3 anos A/C/D: indios/as

3 anos B: galiñas

4 anos: Piratas

5 anos A/C: Flores - Abellas - Apicultores/as

5 anos B: Exipcios/as

Educación Primaria

1º A/C: Semáforos - Xoaniñas da sorte

1º B: vaqueiros/as

2º A: Damas e cabaleiros

2º B/C: temática libre

3º/4º: As profesións

5º/6º: "O imperio romano"

Por último lembrar ás familias e demais espectadores/as que deixen o espazo suficiente para o alumnado poida realizar o recorrido sen aglomeracións nin interrupcións. No caso de condicións metereolóxicas adversas o evento será anulado.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

   
Etiquetas