Skip to Content

ORGANIZACIÓN DO PERIODO DE ADAPTACIÓN PARA 3 ANOS

Poden consultar a organización do periodo de adaptación para os alumnos/as de 3 anos pulsando aqui.

INCORPORACIÓN GRADUAL DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

O alumnado incorporarase gradualmente no curso 2020-2021:

  • O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantll,  1º, 2º e 3º curso de educación primarial e educación especial.
  • O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantl e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

Poden consultar a resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educatva pulsando aqui.

AXUDAS PARA MATERIAL E COMEDOR DO CONCELLO DE NOIA

O Concello de Noia convoca as axudas para adquisición de material e financiación do comedor para alumnos/as de infantil e primaria.

Podedes consutar as bases no BOP https://bit.ly/3jaMck5.

O prazo de 15 días ábrese o 17 de xullo.

Estas solicitudes de axudas tendes que entregalas no REXISTRO XERAL ou na SEDE ELECTRÓNICA do CONCELLO (non hai que entregalas no colexio)

CALENDARIO ESCOLAR 2020-2021

Saiu publicada no DOG a Orde onde se aproba o calendario escolar para o curso 2020-2021. Poden consultalo pulsando aqui.

LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS NO FONDO LIBROS

Xa poden consultar a lista definitiva de admitidos do reparto de libros no tablón de anuncios do cole. Tamén poden consultar si están admitidos na aplicación FondoLibros.

LISTA DE LIBROS PARA O CURSO 2020-2021

Poden consultar a lista de libros pulsando aqui.

 

PLAN DE ACOLLIDA PARA O ALUMNADO DE 3 ANOS QUE COMEZA NO COLEXIO

Todos os anos, no mes de xuño, o equipo directivo e as mestras de educación infantil reuníamonos coas familias para falar do inicio de curso, das recomendacións para o verán, do período de adaptación, que ten lugar en setembro cando os nenos e nenas se incorporan por primeira vez á escola.

 

Debido a situación na que nos atopamos pola crise do COVID19, este curso non se puido realizar dita reunión, polo que deixamos aquí abaixo os documentos que repartíamos ese día, para que teñan en conta as familias de cara o vindeiro curso.

As familias que veñan formalizar a matrícula dos nenos/as, lembramos do 1 ao 10 de xullo, darémosllo ese mesmo día.

É importante que leades con atención as recomendacións e normas do centro para facilitar esa incorporación á escola .

 

É CONVINTE QUE VISITEDES CON FRECUENCIA A WEB DO CENTRO XA QUE SERÁ A TRAVÉS DESTE MEDIO COMO VOS IREMOS INFORMANDO DAS NOVIDADES QUE VAIAN SAINDO.

Podedes descargar o folleto informativo para alumnado de 3 anos pulsando aqui.

Utilizamos no colexio dúas aplicacións para instalar no teléfono móbil, a aplicación AbalarMobil que é a institucional e onde podedes consultar entre outras cousas as notas dos vosos fillos/as e a aplicación Tokapp que a utilizamos para comunicacións varias. Podedes descargar información delas pulsando nos seguintes enlaces:

Teñen que formalizar a matricula entregando o anexo III-1 no colexio do 1 de xullo ata o 10 de xullo.

DESPEDIDA CURSO 19-20

 

En primeiro lugar O CEIP Felipe de Castro desexa facer chegar a toda a comunidade educativa e a sociedade en xeral, o noso agradecemento polo esforzo realizado por todas e todos para que o sistema educativo puidese seguir funcionando dunha maneira excepcional e ante circunstancias nunca antes vividas. 

Pasamos da docencia presencial a non presencial nunhas poucas horas e cremos sinceramente que a pesar das dificultades atopadas a comunidade deu mostras dunha gran implicación por parte de todas e todos: administracións públicas, equipos directivos, profesorado e sobre todo o noso alumnado e as súas familias. A toda a comunidade educativa do noso centro o máis profundo recoñecemento e consideración.

Este curso diferente remata. Foi un curso importantísimo para aprender grandes leccións que, tal vez, pasaban desapercibidas nas clases presenciais. Este foi un tempo importante para educar na solidariedade, en vivir con menos cousas, en ter tempo para pensar, entender o que nos aporta a escola, valorar aos compañeiros/as, entender a liberdade.... Estou seguro de que nunca imos olvidar este tempo. Agora é tempo de descansar e desconectar do “ensino telemático”. Disfrutade (dentro das medidas sanitarias e das vosas posibilidades) dun verán o máis saudable posible, con menos pantallas e máis aire libre.

Cremos firmemente que o fixéchedes moi ben nestes meses, facéndolle fronte ás limitacións coas que nos atopamos. Por eso queremos felicitarvos e agradecervos, todo o esforzo feito.

 

Un saúdo e unha aperta grande! Esperámosvos en setembro!

 

 

ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO

Desde estes enlaces poden acceder aos enlaces de cada curso onde poden ver as actividades e recomendacións:

Infantil 1º Primaria 2º Primaria

3º Primaria

4º Primaria 5º Primaria
6º Primaria A.E. Inglés
Educación Física Educación Musical  Biblioteca

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como material a maiores e para todos os niveis de primaria poñemos a vosa disposición o seguinte enlace do ministerio de Educación con tarefas de todas as materias.

https://multiayuda.com/libros-del-ministerio-de-educacion-de-todas-las-asignaturas-para-descargar/

Contidos de todas as materias e niveis do repositorio ABALAR

Material de lingua inglesa

 

 

ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021

Todas as solicitudes de admisión presentadas obteñen praza para o curso 2020-2021.

Poden consultar as listas definitivas de admisión no tablón de anuncios no colexio.

Agora teñen que formalizar a matricula entregando o anexo III-1 no colexio do 1 de xullo ata o 10 de xullo.

 

Tamén poden consultar o estado das súas solicitudes entrando na aplicación AdmisiónAlumnado coa chave365 ou con certificado electrónico.

Distribuir contido


by Dr. Radut