Animación á lectura
SEMANA DO CONTO: 10 ao 14 DE XUÑO
Durante a semana do 10 ao 14 de xuño disfrutamos dun conto cada día na biblio. Non quedaban venres dabondo para todos os contos que aínda estaban en proceso, por iso decidimos facer esta semana final de contos.
Tivemos a biblio chea todos os días, polo que seguro que o ano que vén ímos seguir téndoa chea, verdade que si?
Aquí vos deixamos as fotos de todos os contos e os sus protagonistas.
LA REINA TROTAMUNDOS EN CHINA
Para comezar a semana da interculturalidade que estabamos a celebrar no cole, na biblioteca, eliximos un conto que narra a historia dunha raíña un pouco trotamundos. que vai coñecer China.
Claudia, Clara, Sheila, Ángela, Adrián, Miguel, Martín, Álex, Yanira e Ale, da clase de 4º, foron os encargados de transmitirnos todo o que esta raíña tan viaxeira, atopou na súa viaxe pola China.
Deixámosvos unhas fotos do momento.
ROSA CARAMELO
SEMANA DO LIBRO 2013: Contacontos, biblioteca patio infantil, torre de libros...
Que marabilla de semana!!! Pasámolo fenomenal!! Todos os días había algo novo que contar!!
Que si a torre medraba máis, que si un conto diferente cada día na biblio, que si os nenos e nenas de infantil non tiñan case sitio para estar na biblioteca do patio de tantos nenos e nenas que querían ir...
En definitiva, ÉXITO TOTAL!!!
Grazas a todos por facelo posíbel!!!
Semana do Libro

Durante a semana do 22 ao 26 de abril conmemoramos o Día do Libro no Colexio con diferentes actividades. Dende a construcción dunha torre de libros preferidos entre todo o alumnado, pasando por contacontos diarios na Biblioteca, e ata un certame de elaboración de marcapáxinas. Todo coa finalidade de contribuir e fomentar o hábito de lectura e o cariño polos libros.
RITA
Este primeiro venres de abril que vai estar cheo de contos, tivemos o pracer de escoitar a Noa López, da clase de 2ºA, que contounos a historia de RITA, unha bolboreta un poco...pizpireta.
Deixámosvos unhas fotos dese ratiño que pasamos xuntos na biblio.
A RATIÑA FACHENDOSA
Había unha vez unha ratiña moi,moi fachendosa que....
De que libro estamos a falar???
Pois este foi o conto que prepararon os nenos e nenas de Atención Educativa de 5º B con axuda da súa titora, Carmen López, e dramatizáronolo na hora do conto.
Aquí deixámosvos as fotos do conto.
NO TE JOROBA!!
Iso lle dicía o camelo ao resto dos animais cando lle dicían que tiña que traballar e axudar ao home nos quehaceres diarios.
Ista e a obriña de teatro que contáronnos os nenos e nenas de 5ºA.
Contacontos do día 25 de xaneiro
Hoxe Loli Mantiñán contóunos "Con el dedo en la nariz"
O PITO CAIRO
O Pito Cairo foi o conto elixido por Loli Mantiñán, mestra do cole, para contar na hora do conto deste venres.
Non se sabe moi ben se era porque contaba ela ou porque xa temos un público moi fiel pero, a biblioteca, estaba chea de xente.
Mirade cántos estabamos alí disfrutando do conto.