Skip to Content

Sinais de alarma na evolución da linguaxe

A evolución da linguaxe varía duns nenos a outros segundo factores como a madurez, a contorna social e familiar, .... Non obstante, aquí vos presento uns sinais aos que hai que estar pendientes.

Idade Sinais de alarma
Entre 1 ano e 1 ano e medio
  • Non sinala nada.
  • Non di mamá ou papá.
  • Non comezou a practicar os sons das primeiras consoantes (p, t, k...)
  • Non intenta comunicarse aínda que sexa con xestos.
  • Non comprende as formas adeus e non.
Entre 1 ano e medio e dous anos
  • Non coñece algunha parte do corpo nin a sinala.
  • Non comprende instruccións sinxelas.
  • Non sinala cousas cotiás que lle dis.
  • Non aumenta na produción das consoantes.
  • Segue sen intentar comunicarse aínda que sexa con xestos.
Entre 2 anos e 3 anos
  • Non é capaz de de formar frases empregando 2 palabras.
  • Non se fai entender polo seu entorno máis inmediato: a familia.
  • Non nomea cousas cotiás: pelota, mesa …
  • Todavía non é capaz de nomear polo menos 3 partes do seu corpo.
Entre 3 anos e 4 anos
  • Non é capaz de facer oracións con 3 ou 4 palabras.
  • Non ten interese por relacionarse cos seus iguais.
  • Segue sen comprender instruccións sinxelas.
  • Non ten xogo simbólico (facer de cociñeiro, peitear unha boneca…).
  • Non se entende o que fala con persoas alleos ao seu entorno máis inmediato.


page | by Dr. Radut