Skip to Content

Novas

Novas mensaxes cheas de ilusión

Xa comezan a chegar mensaxes que se unen ás aportadas. Animádevos todos a participar!!!

Mensaxes cheos de ilusións

Este vídeo foi realizado por algúns dos que formamos parte do Ceip Flavia. Pero somos moitos máis, así que gustaríanos que vós tamén participarades enviando un debuxo ou unha foto cunha mensaxe para compartilo cos demais. O correo electrónico sería o seguinte:  colexioflavia@gmail.com. 

Moitos ánimos a todos e todass!!!

SOLUCIÓNS ÁS ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA A SEMANA DO 16 AO 20 DE MARZO.

Hoxe procedemos a subir as solucións das actividades propostas para a semana do 16 ao 20 de marzo para o alumnado 3º,4º,5º e 6º de Educación Primaria. Atoparédelas en cada un dos cursos ( barra lateral dereita apartado EQUIPOS).

Un saúdo.

Tarefas aconselladas durante este periodo de permanencia na casa

Estes días imos aprender a traballar doutra forma, é momento de adaptarse a outras circunstancias, que van ser moi importantes para traballar o que xa falamos tantas veces: a adaptación ao cambio, a autonomía persoal, a organización do traballo e a responsabilidade. Imos facilitar os exercicios que debedes facer para seguir co voso proceso educativo. Clicade no curso correspondente ao voso fillo/a:

Orientacións para Educación Infantil: aparecerán no blog de Educación Infantil

Proceso de admisión do alumnado para o curso 2020-2021

Calendario do proceso de admisión para o curso 2020-2021.

 

A TVG visita o noso centro

A TVG está moi interesado polo que os nenos/as do Flavia teñen que dicir. É por iso, que hoxe estiveron gravando a algúns dos nosos alumnos/as para posteriormente, retransmitilo no programa Fun polo aire. En canto saibamos a data informaremos!!!

Panxoliñas en varios idiomas

Durante algúns días estivemos traballando varias panxoliñas no noso centro e posteriormente estivemos filmándoas para que tamén desde a casa as poidades ver e cantar con nós. BO NADAL!!!

 

 

Visita dos Reis Magos ao Flavia

O xoves 19 de decembro tivemos a sorte de que os Reis Magos fixeran oco na súa apretada axenda e visitaran o noso centro.

Celebramos o Aniversario de EF

O 24 de outubro é o aniversario de EF e, por iso cantámoslle para felicitalo nas tres linguas que coñecemos: galego, castelán e inglés.

Posteriormente EF agasallounos cunha mesa de luz!!!

Moitos parabéns, EF

 

Xogos populares

Durante esta semana tivemos a sorte de contar con voluntarios do concello que nos estiveron dando a coñecer os xogos populares. Pasámolo fenomenal!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut