Skip to Content

DEPORTES ADAPTADOS NO FOGAR

 

Roteiro Literario 2024

FALEMOS GALEGO

O EDLG, dentro das xornadas de "Fálame galego", vén de anunciar o logo gañador que irá nas chapas destas Letras Galegas 2024 adicadas a Luísa Villalta.

Noraboa á gañadora de 6ºD.

 

 

BECAS NEAE CURSO 2024/2025

ABERTO PRAZO DE BOLSAS DE NEAE PARA O CURSO 2024-2025

 

  1.    Axudas para alumnado, incluíndo alumnado con TDAH (asociado as casuísticas en negriña), que requiran por un período de escolarización o a longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conducta ou de Trastornos graves da comunicación e da linguaxe.

Tamén poderá ser beneficiario o alumnado con TEA e os alumnos de Altas Capacidades sempre que teña certificado dun Equipo de Orientación educativa ou do Departamento de Orientacióndependente da administración educativa correspondente.

 

  1. As axudas poderán ser solicitadas polos alumnos cuxa renda ou patrimonio familiar ao 31 de decembro de 2023 non superasen, de conformidade co disposto no Real Decreto 201/2024, do 27 de febreiro, os limiares seguintes:

  • Familias dun membro: 12.534 euros

  • Familias de dous membros:  20.416 euros

  • Familias de tres membros:  26.811 euros

  • Familias de catro membros: 31.801  euros

  • Familias de cinco membros: 36.089 euros

  • Familias de seis membros:  40.229 euros

  • Familias de sete membros:  44.143  euros

  • Familias de oito membros: 48.031  euros

  • A partir do octavo membro engadiríanse 3.856 euros por cada novo membro computable de la familia.

  1. As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.esou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación,  https://sede.educacion.gob.es.

  1. O prazo de presentación de solicitudes estenderase desde o día 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024, ambos inclusive e deberá presentarse no centro onde cursará estudos no 2024-2025

Esta solicitude irá acompañada de:

  • Código Cuenta Cliente (CCC), onde o titular da conta sexa o alumno/a

  • Fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar

  • Fotocopia do Certificado de discapacidade (mínima do 25%, novidade de este curso),

  • Fotocopia do Certificado das Altas Capacidades ou fotocopia do diagnóstico médico do Trastorno Grave de Conduta ou do Trastornos Grave da Comunicación e da Linguaxe, TDAH (asociado as casuísticas anteriores) ou TEA.

  • Memoria do gabinete que preste o servizo durante o curso 2024-2025

  • Outros documentos que se consideren ( Título de familia numerosa...)

 

 

 

 

 

 

 

 

Menú mes de maio

 

No seguinte enlace pódese consultar o menú para o mes de maio

 

 

 

 

Menu

Distribuir contido


by Dr. Radut