Outras actividades

OBSERVACIÓN DAS ÁRBORES DO NOSO PATIO NO MES DE NOVEMBRO

Dentro do noso proxecto "Un bosque para ler e navegar", o curso pasado cada grupo-clase apadriñou unha árbore do noso patio. Este ano, novamente dirixidos polo mestre Victorio, queremos completar esta  actividade facendo  un calendario co seguimento da evolución das árbores, observando directamente as mesmas, o longo de todo o curso. A primeira toma de datos a fixemos no mes de novembro:

(Lembra que para velo a pantalla completa debes premer no cadrado superior)


No seguinte enlace podes recordar a actividad: "Apadriñamos unha árbore"

CADA CLASE XA TEN A SÚA ÁRBORE

O noso proxecto "Un bosque para ler e navegar" estanos ofrecendo unha morea de posibilidades, esta vez cada grupo clase do colexio acompañados polos seus mestres e polo profe Victorio, apadriñaron unha árbore. Como? pois... aprendendo as singularidades de cada unha das especies que temos no noso frondoso patio e deixando preto de cada árbore unha ficha técnica da mesma.

Na seguinte reportaxe fotográfica podedes ver a cada clase coa súa árbore.


A continuación podedes ver polo miúdo as fichas que colocamos preto das árbores:


PRESENTÁMOSVOS O NOSO PARTICULAR BOSQUE

O noso Proxecto Arce: "Un bosque para leer y navegar" entra no último trimestre deste curso. E o momento de que cada colexio da agrupación presente o seu bosque máis próximo.

Nós non temos que ir moi lonxe para buscar un bosque. Durante as últimas semanas e durante o recreo as cámaras capturaron as seguintes instantáneas. Xulgade vós mesmos, pero pensamos que temos un bosque dentro do patio precioso, non sí???



A próxima vez que pasees polo patio podes intentar atopar as árbores que aquí vós ensinamos.

A BOTICA DE FRIAN: PLANTAS MEDICINAIS E AROMÁTICAS

Co gallo do noso proxecto: "Un bosque para ler e navegar" e a proposta do Equipo da Biblioteca, no 2º Ciclo estamos a traballar as plantas aromáticas e medicinais. Así entre os equipos de Normalización Lingüística, Tic e área de Lingua Inglesa realizamos o traballo que aquí vós presentamos. Cómpre de todos os xeitos facer unha pequena introdución:

Antigamente, unha parte esencial da educación dun médico consistía en aprender a diferenciar as propiedades das plantas, sobre todo cales eran beneficiosas e cales prexudiciais, todos eses estudos deron lugar á ciencia da Botánica. Algunhas receitas antigas foron validadas pola ciencia  e moitos medicamentos modernos seguense elaborando con extractos de plantas que podemos atopar polos nosos bosques.

Atoparedes a continuación unha guía de plantas que podemos atopar nas nosas proximidades. Para acceder á información deberedes premer en cada unha das imaxes:

 

fresas del bosque

CEBOLAS

  Amorodo Carballo Cebola
 

CELEDONIA

HINOJO

  Ceruda Estruga Fiúncho
 

MANZANILLA

MENTA

 

 

 

 

 

     

  Loureiro Macela  Menta
         

ROMERO

ZARZA

tilo

     

 

 

 

 

 

   Romeu  Silva  Tileira
    

tomillo

BREZO

VALERIANA

  Tomiño Uz  Valeriana
    ouregano  
    Ourego  

Relación de fontes consultadas:

  • Hierbas aromáticas de Blume Jardinería; traducción de Rosa María Borrás Montané, Edición 2007
  • Árboles y arbustos de la Península Ibérica; Pablo Galán Cela, Roberto Gamarra Gamarra e Juan Ignacio García Viñas, Ediciones Jaguar 2003

INTERTEATRO: TEATRO ESCOLAR NO NOSO COLE

Momento da representaciòn de Snow White 

O mércores 1 de abril de 2009, recibimos no noso Colexio unha visita moi especial: un grupo de nenos e nenas que, en representación das súas respectivas escolas, viñeron á nosa para mostrarnos o ben que actúan.

 

Os primeiros en actuar foron os nenos e nenas do Primeiro Curso do C.E.I.P. Javier Sensat, de Alcabre, que viñeron acompañados do seu mestre, Ramón, e de Pitu. Ofrecéronnos a súa versión de A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Magnífico, chicos!

 


A continuación, os rapaces e rapazas de 6º curso do C.E.I.P. Carrasqueira, de Coruxo, deron mostra do seu bo facer cos idiomas, representándonos Snow White, o famoso conto coñecido por todos nós (Brancaneve), pero... en inglés! E o ben que falaban...! Noraboa!
Podes ver as imaxes no blog da Biblioteca.
Ó rematar, a Xefa de Estudios e a Coordinadora de Normalización Lingüística entregaron diplomas aos rapaces. E remataron compartindo mantel no Comedor do noso Colexio.
Grazas por compartir connosco a vosa arte! 

O tren da lingua

Os nenos e nenas de cinco anos foron a Pontevedra no "tren da lingua".

 Para ver máis fotos visita anosa galería de imáxenes

 

tren da lingua

 

CONCURSO DE CARTAS AOS REIS MAGOS


Concurso de Cartas aos Reis Magos 

Equipo de Normalización Lingüística  e o Equipo de Biblioteca temos convocado un Concurso de Cartas de Reis no que teñen participado todas as aulas do Centro. 

  Todos temos moitas ideas para pedir os nosos propios agasallos, pero... que podemos pedir ó Novo Ano para a Humanidade?

No seguinte pdf poderás ler as nosas peticións.

Cartas de Reis

De boca en boca

Cartel: Novembro, mes da Tradición Oral

O mes de Novembro adícase á Tradición Oral. É dicir, a todos eses ditos, refráns, lendas, contos e historias que, dende tempos inmemoriais, forman parte do noso Patrimonio Oral, e que teñen sido transmitidos de pais a fillos durante xeracións e xeracións.

Un pobo sen tradición oral é un pobo sen historia. Pero nós queremos ser conscientes de onde vimos e a onde imos. Por iso, invitamos durante este mes a toda a Comunidade Escolar a rebuscar na nosa memoria e recuperar todas esas historias que, cando eramos cativos, nos contaron os nosos pais ou os nosos avós.

Como podemos colaborar?

  • Os pais, nais, avós e avoas poden achegarse ó Colexio para nos contar historias. Pero... ollo! Antes poñervos en contacto con Ana F. ou con Mónica M., para establecer un horario!
  • Entre todos podemos elixir o "conto de boca" que máis nos gustou de pequenos. Para iso, cubride a enquisa que vos temos enviado, e devolvédea á escola.

Deixarvos levar! Seguro que o pasaredes moi ben!

 

¿QUE FACEMOS DENDE ESTE DEPARTAMENTO?

1.ELABORACIÓN DE LIBROS

Temos libros de contos, poesía, receitas, da flora

         

2. CARTEL E LEMA 

"ENTRE NÓS EN GALEGO" da direccción Xeral de Política Lingüística é a nosa guía. Nesta campaña participamos moitas veces, e mesmo fomos premiados no 2002 polo conxunto das nosas experiencias.

  

3. CAMPAÑAS DE LECTURA

Nas aulas lese indistintamente en galego ou en castelán. Moitas veces contamos coa presenza dos autores ou de animadores que de xeito engaiolador fan medrar en nós o vermiño da lectura.

Cada ano aumenta a dotación de libros tanto nas aulas como na biblioteca xeral.

4. NOVAS TECNOLOXÍAS

O uso das Tics increméntase a partires do 3º trimestre co gallo da celebración das LETRAS GALEGAS. Os recursos educativos da Xunta a as páxinas de Internet como "Galicia encantada", "Enciclopedia Etnonet", "Avelaiña"... o CD Galingua, programas baixados co Java Clic, permítennos achegarnos a todos os ámbitos da nosa cultura utilizando sempre o galego

5. FOMENTO DA FALA EN EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

Co título de "O MOUCHO FRIANÓN" levarase a cabo un proxecto de inmersión d@s nen@s máis pequenos na lingua galega, co obxecto de que ésta chegue a ser a lingua vehicular, xa que as enquisas amosan que por agora a lingua de uso maioritario nas familias da zona é o castelán. Con outras actividades como a recollida e lectura de contos antigos e actuais que teñan nas súas casas, trataremos tamén de mergullar ás familias para que continúen neste proceso de sensibiización cara a lingua e cultura galega.

Os/as nen@s de cursos superiores farán contacontos e outras representacións para os/as máis pequenos.

6. FESTIVAL LETRAS GALEGAS

Esta actividade consolidouse ao longo dos anos, ata tal punto, que dada a cantidade de intervencións, temos que desenvolvelo en varias quendas. Nel converxen todas as actuacións das 6 aulas de infantil, as 12 de primaria e o grupo de teatro da ANPA. Ao longo de toda a xornada podemos ver: escenificacións de contos, obras de teatro, poesías, baile, guiñol... e sempre actuacións para loar a figura do autor/a que se conmemora ese ano.

7. SAÍDAS

 Partindo da premisa de que é necesario coñecer o medio máis próximo para poder valoralo, desde hai anos, e segundo a idade dos/as nenos/as, saímos habitualmente para coñecer a nosa cidade, Vigo, e as  diversas entidades culturais: Ludotecas, Biblioteca Central,  polo Casco Vello, O Castro, As praias, Os  Museos Liste, Marco, e Das Palabras, Naturnova.... Despois ampliamos as nosas visitas a un entorno  algo máis amplo: Museo de Pontevedra, Illas Ons, Illas Cies, Planetario, Acuario e cidade da Coruña, Santiago de Compostela, ...

8. INTERACCIÓN COA COMUNIDADE EDUCATIVA

Entendendo que a familia ten un papel fundamental na transmisión da cultura e da fala, e que esta é a que marcca a linguaxe vehicular co/coa nen@, coidamos que é necesario non esquecer o contacto permanente cos pais e nais. Este lévase a cabo con distintas charlas coloquio, o fomento da participación do grupo de teatro da ANPA, a intervención activa en todas as celebracións do centro e, ademais a actividade da lectura. Esta consiste en escoller un libro que trate un problema de actualidade para que sexa lido polos pais e nais e que logo sirva como punto de reflexión común nunha charla-coloquio na que tentaremos contar coa colaboración dalgunha persoa especialista na temática.         

9. PLAN COMUNITARIO DE TEIS

Hai que subliñar a nosa interacción co barrio a través das actividades organizadas polo Plan Comunitario de teis.

Participaremos nas campañas " Carteis e Lemas" que se celebran todos os anos co gallo das LETRAS GALEGAS que consiste na elaboración, e posterior distribución nos establecementos e lugares comunitarios da zona, de carteis para fomentar o uso da nosa lingua.

Tamén tomaremos parte no concurso de narrativa breve que se convoca cada ano, e nas actuacións da "Festa das Letras Galegas" do I.E.S. República do Uruguai na que o noso centro participará con algunha obra de teatro ou peza musical interpretada polo alumnado.

10. INCIDENCIA DAS ACTIVIDADES NO INCREMENTO DO GALEGO

Con estas e outras tarefas que xurdan ao longo do presente curso, buscamos prestixiar a lingua galega, tratando de acadar o máximo avance posible do alumnado nas diferentes competencias a adquirir: entender, falar, ler e escribir

Powered by Drupal - Design by artinet