![]() |
ACTIVIDADES MULTIMEDIA, RECICLAMOS, AFORRAMOS ENERXÍA |
![]() |
BUSCAMOS UN LOGO, PARA O AFORRO ENERXÉTICO NO COLEXIO |
| |
PRESENTACIÓN, ANO INTERNACIONAL DA ENERXÍA |
Ano da enerxía
NO ANO DA ENERXÍA...
BUSCANDO UN LOGO
Estamos no Ano internacional da enerxía sostible. Dende a agrupación Arce, e dentro do proxecto "Un bosque para ler e navegar", sabemos que moitos pequenos xestos, farán un mundo máis sostible. Así que, propuxémoslle ao alumnado o deseño dun logo para convidarnos a aforrar enerxía no colexio, apagando as luces sempre que non sexan necesarias.

Despois de elixir un, o colocaremos enriba de todas as chaves da luz das aulas.
Visualiza as catro páxinas de logos antes de votar!
Necesitamos o teu voto...anímate!!!
Votación aberta ata o 25 de febreiro
AÑO 2012: AÑO DE LA ENERGÍA SOSTENIBLE
Estamos a estrear este ano, o 2012, que estará adicado a Enerxía sostible.

Pero... que é a enerxía sostible? pois é a enerxía capaz de garantir as necesidades presentes sen comprometer os recursos das seguintes xeracións.
Para saber máis visita o artigo: "2012 Año internacional de la energía sostenible"
Dentro do noso proxecto Arce. "Un bosque para ler e navegar", non podemos deixar pasar a oportunidade de traballar polo noso planeta e por iso queremos resaltar esta conmemoración.
A primeira proposta, para esta conmemoración vai encamiñada a aforrar enerxía, por que? Fíxate na seguinte imaxe, é tomada dende o espazo. Para saber máis visita o seguinte artigo: "Nuestro país desde el espacio"

Cantas luces verdade? Pois imos a intentar apagar algunha cando non a necesitemos, para iso propoñémosche deseñar un "logo" para poñer a carón dos interruptores do noso colexio para non esquecerse de apagalas.
Anímaste?
Despois de elixir un máximo de tres por clase, faremos un concurso on-line que nos axudará a escoller un logo que será exposto na maioría dos interruptores do colexio.
Moitas empresas teñen o seu logo, algúns moi famosos, no seguinte enlace podes ver algúns deles :ENLACE A LOGOS
Para axudarte, no teu traballo, visita o seguinte enlace do blog da biblioteca:
http://olardefriancinho.blogspot.com/2012/01/buscamos-un-logo-para-o-aforro-de.html
DEIXÁMOSCHE UN AGASALLO:













