OS NENOS E NENAS DE 6º, SUPERVISADOS POR ALGUNHAS NAIS ESTÁ A FACER UNHA SERIE DE ARTIGOS PARA VENDELOS E AXUDAR A FINANCIAR A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO.
OS ARTIGOS ESTÁN A VENDA NO LOCAL DA ANPA E ENCARGADELLELOS OS NEN@S.
OS NENOS E NENAS DE 6º, SUPERVISADOS POR ALGUNHAS NAIS ESTÁ A FACER UNHA SERIE DE ARTIGOS PARA VENDELOS E AXUDAR A FINANCIAR A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO.
OS ARTIGOS ESTÁN A VENDA NO LOCAL DA ANPA E ENCARGADELLELOS OS NEN@S.
OS NEN@S DE 6º FIXERON UN CALENDARIO PARA O 2012 CON FOTOS DAS FESTAS E ACTIVIDADES DO COLEXIO.
ESTE CALENDARIO AXÚDALLES A FINANCIAR A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO.
PENSADE QUE É UN BÓ REGALO DO NADAL E OS AVÓS ESTARÁN ENCANTADOS DE VELOS TODO O ANO.
PODEDES ENCARGARLLOS A ELES O PREZO E DE 10 €
PREME AQUI PARA VER TODAS AS FOLLAS

Outro ano mais dámosvos a benvida a novo curso, e os novos pais, nais e alumn@s invitarvos a que participedes na nosa asociación.
Como sempre, o mes de setembro a Anpa é un fervideiro, andamos a cen por hora, organizar actividades, planificar o curso, iniciar o comedor..... pero este ano tamén temos unha novidade:
O DIRECTOR ALFONSO TIVO A SORTE DE XUBILARSE, polo que desde aquí desexámoslle que a disfrute do mellor xeito posible e moito tempo, pero que non se esqueza de que nos seguimos aqui. O Noso agradecemento pola axuda prestada e ata sempre ALFONSO.
Pero esto implica que TEMOS NOVA DIRECTORA, a profe OLGA, tamén lle dexesamos sorte na súa complicada tarefa, e agardamos seguir colaborando desde esta ANPA pola mellora do colexio, do ensino público, e de todo aquelo que sexa bo para os nen@s ante todo e para toda a comunidade educativa.
Mais novidades. Como podedes leer na páxina principal do Cole, o noso colexio foi elixido para o novo proxecto de libro dixital e os alumnos de 6º serán pioneros neste novo método. Podedes ver mais nesta ligazón http://www.atlantico.net/noticia/154096/alumnos/frian/libros/
Un sáudo e benvid@s
ANPA GONDERÁN CEIP FRIAN TEIS (VIGO)
Xa vai sendo habitual, que ano tras ano, un grupo de pais e nais, fagan teatro para todos nós, coa temática do proxecto da Biblioteca. Levan todo o curso traballando para demostrarnos as súas habilidades, que non son poucas. Este ano a obra escollida foi "Historia dunha sobreira" de Ramón Caride. Deixámosvos unhas imaxes dos mellores momentos:
Moitas grazas!!!
No noso cole, todos lemos.
Para papi e mami propomos, dende o Departamento de Orientación, o Equipo de Normalización Lingüística e a Biblioteca Escolar, a lectura do libro ¡Non é tan doado ser neno!, de Pilar Lozano (Ed. Rodeira)
Ademáis do seu interese literario (é Premio Edebé de Literatura Infantil) este libro presenta unha temática moi actual: o acoso escolar.
A cita para a posta en común será o vindeiro martes día 31 de marzo ás 17:00 horas.
Tendes á vosa disposición dous exemplares nos locais da A.N.P.A.
Esperámosvos!
Deámoslles exemplo aos nosos fillos e fillas. Xa sabedes que... SE TI LES, ELES LEN!
Envía os teus comentarios ao noso blog

OS MAIOS

As ilustracións e imaxes desta web teñen unicamente uso educativo. Pregamos que, se están suxeitas a dereitos de autor, nolo fagades saber.
Grazas
|
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2011
|
||