A LOXSE considera a orientación coma parte integrante do proceso educativo e inclúe, coma parte da función docente, a titoría e a orientación, e establece o dereito do alumno/a a recibila no campo psicopedagóxico e profesional.
OBXECTIVOS
o REFERIDOS Ó ALUMNADO: Contribuir á detección das necesidades, valorar, orientar e facer un seguemento do alumnado con n.e.e. ou dificultades na aprendizaxe.
o REFERIDOS Ó CENTRO: Potencia-la cooperación familia-centro, naqueles aspectos nos que pode incidir
o REFERIDOS Á FAMILIA: Proporcionarlles información e asesoramento referente á educación dos seus fillos .
Favore-la comunicación familia-colexio para intercambiar inquedanzas e buscar solucións conxuntas, despois dunha actitude reflexiva.
FUNCIÓNS
As súas funcións xiran arredor dos ámbitos seguintes:
-
A dinamización de medidas que incidan na mellora da convivencia no centro e na promoción de condutas tolerantes a través, entre outras, da implementación de medidas de prevención e resolución pacífica de conflitos
-
A resposta á diversidade do alumnado nunha escola plural mediante medidas que favorezan o desenvolvemento persoal, social e cognitivo de todo o alumnado.
-
Información e orientación na aprendizaxe axudando na toma de decisións académico-profesionais….
-
O emprego e optimización dos recursos tecnolóxicos especialmente no campo da orientación .
FORMAN PARTE DO DEPARTAMENTO
- Xefa de Departamento:
- Profesora de Apoio, especialista en PT: Olga Alonso
- Profesora de Apoio, especialista en A. L.: Elisa Elvira García Pérez.
- Coordinadora de E.I.: Mónica Vence Failde
- Coordinadora do 1º Ciclo: Lucía Gil Fernández
- Coordinadora do 2º Ciclo:
- Coordinadora do 3º Ciclo:
Por acordo expreso, tamén acode ás reunións do Departamento a persoa Dinamizadora do Proxecto Documental Integrado de Centro: Mónica Muñoz
REUNIÓNS:
Todo o Departamento : 1º Martes de cada mes.
Semanal: con cada coordinadora e P. Apoio










