Facendo cúpulas.

 

CUPULAS

 

 

Moi vencellado ó PDI deste ano: "Entre liñas anda o xogo", participamos nunha actividade ofertada pola Fundación Rosalía de Castro e a Fundación Barrié da Maza e co asesoramento de AGAPEMA, como vén sendo habitual os últimos cursos.

Este ano como proposta de traballo cooperativo imos realizar as cúpulas de Leonardo, capitaneados pola mestra Conchi. Bo xeito de aprender matemáticas  traballando en equipo!

Na seguintes imaxes podedes ver ó alumnado de 6º de primaria totalmente volcado na construción das mesmas, imitando ó xenio Leonardo.

 


 
Que marabilla!
 
O noso traballo preparámolo axudándonos deste vídeo e dos seguintes enlaces:
 

 

 
A próxima semana organizaremos un obradoiro; para que, durante o recreo, o resto do alumnado do colexio poida disfrutar desta actividade.
 

Powered by Drupal - Design by artinet