Búsqueda tesouro

Búsqueda tesouro

BÚSQUEDAS DO TESOURO

tesouros 

No C.E.I.P. Frian queremos que a nosa páxina sexa un expositor do quefacer diario, pero, tamén unha ferramenta de traballo útil e motivadora para o noso alumnado.

Por tal motivo, o emprego das Novas Tecnoloxías na nosa tarefa docente estase a facer xa unha costume. 

 Aquí tendes os enlaces a diferentes búsquedas do tesouro propostas durante este curso para traballar diferentes aspectos:

 

 

 

 Árbore de Nadal

 

 

 

 

 

TRADICIÓNS NAVIDEÑAS NO MUNDO 

 Jaguar

 O YAGUARETÉ BURLADO (Paraguai)

Búsqueda do Tesouro para o alumnado de 3º de Primaria. 

   
 Pitos

OS POLOS RENDÍBEIS (Exipto)

Búsqueda do Tesouro para o alumnado de 4º de Primaria 

   

Sapo

OS TRES IRMÁNS E O SAPO (México)

Búsqueda do Tesouro para o alumnado de 6ª de Primaria

 MÚSICA AFRICANA

 

 EXPLORANDO ÁFRICA. AULA DE MÚSICA. 6º DE PRIMARIA 

 OS SONS DE ÁFRICA. AULA DE MÚSICA. 6º DE PRIMARIA 

 tradición oral

 

 

A VIRXEN DA BARCA. BIBLIOTECA. 5º DE PRIMARIA

 COÑECEMENTO DO MEDIO

 

 

A REPRODUCCIÓN. COÑECEMENTO DO MEDIO. 6º DE PRIMARIA

 POMBA PAZ

 

DÍA DA PAZ.  CONVIVENCIA.  4º,5º E 6º DE PRIMARIA

DÍA DA PAZ

Presentámosche algúns textos ou frases relacionadas coa paz para que poidas ler e comentar sobre o que neles se di:
 
"Creo que la salvación de la Humanidad
se halla en los principios de la No-violencia".

(XIV Dalai Lama)

"La violencia crea más problemas sociales de los que resuelve y,
por tanto, no conduce nunca a una paz permanente".

(Martin Luther King)

"Hemos sido creados para la paz y no para la guerra.
Nuestra vida debe ser un esfuerzo constante para conseguir la paz..."

(Juan XXIII)

Sólo tres letras

Solo tres letras, tres letras nada más,
solo tres letras que para siempre aprenderás.

Sólo tres letras para escribir PAZ.

La P, la A, y la Z, sólo tres letras.

Sólo tres letras, tres letras nada más,
para cantar PAZ, para hacer PAZ.

La P de pueblo, la A de amar
y la zeta de zafiro o de zagal.
(De zafiro por un mundo azul,
de zagal por un niño como tú).

Gloria Fuertes

   

1) Investiga quen son estas persoas e completa os datos que se solicitan:

  • lugar de nacemento
  • ano de nacemento
  • a que se adica? 

Rigoberta Mench Gandhi
C Martin Luther King D Dalai Lama

http://es.wikipedia.org/wiki/Mahatma_Gandhi

 

http://es.wikipedia.org/wiki/Luther_King

 

http://es.wikipedia.org/wiki/Dalai_Lama

 

http://es.wikipedia.org/wiki/Rigoberta_Mench%C3%BA

 

2) O pintor Pablo Picasso fixo famosa a súa Pomba da Paz. Cal das que aquí che presentamos é a súa?

 Apomba paz de cera

 

B pomba paz

      pomba paz D pomba paz

http://www.museoluchaporlapaz.org/pintura/pages/Picasso,%20Pablo.Paloma%20de%20la%20Paz..htm

 

3) Estas son as siglas dalgúns dos organismos que velan pola Paz. Pon os seus nomes completos debaixo.

ONU / ACNUR / OTAN / ONG

 http://es.wikipedia.org/wiki/Siglas#Organizaciones

 

 

BÚSQUEDA DO TEUSOURO: OS SONS DE ÁFRICA - 6º curso de Primaria

A música tradicional africana está moi ligada á vida e ás tradicións. Está relacionada cos acontecementos importantes (o nacemento, a adolescencia, a morte, as colleitas...) e tamén coa relixión. Pero, ademais de ser un canto á vida, a música africana é tamén un instrumento de denuncia social contra a inxustiza e a discriminación.

Moitos dos instrumentos tradicionais africáns son hoxe, grazas á globalización, coñecidos noutros lugares do mundo.

Imos agora a traballar algúns deles:

djembé – sanza ou mbira – kora – balafon

1. Describe os instrumentos anteriores.

2. Organízaos segundo a clasificación de von Hombostel.

3. Copia da Internet as fotografías destes instrumentos.

4. Busca en Internet o son destes instrumentos. Baixa o arquivo e gárdao no ordenador.

5. Forma un equipo cun compañeiro ou compañeira da túa aula.

6. Organiza un sinxelo power-point de catro diapositivas. En cada unha incluirás:

o nome do instrumento

o grupo de instrumentos ó que pertence

a fotografía do instrumento

o son do instrumento

7. Engade diante unha diapositiva máis co título, e outra ó final cos nomes das persoas que tendes participado na confección do power-point.

http://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Portada

http://www.ikuska.com/Africa/Etnologia/instrumentos_musicales.htm

 

Para aprender a facer un power - point, consulta o titorial do seguinte enlace.

BÚSQUEDA DO TESOURO - 5º curso de Primaria

IMOS Á VIRXE DA BARCA 

 

Novembro é o mes da Tradición Oral. O mes das lendas e dos ditos que teñen chegado ata nós de xeración en xeración.

Antes de facer o traballo que che vou propór, terás que investigar e contestar algunhas preguntas. Para facelo, podes consultar a seguinte páxina web:

 

 

http://www.galespa.com.ar/santuario_barca.htm

1. Onde está situado o Santuario da Virxe da Barca?  Tratarase dunha zona do interior, ou será unha zona costeira?

2. Cando se celebra a festa da Virxe da Barca?

3. Aparte da Virxe e dos anxos, que personaxe aparece nesta lenda?

4. Por que se chama esta lenda a Virxe da Barca?

5. Que tres restos, segundo a lenda, quedan da barca de pedra da Virxe?

6. Baixo que pedra debes pasar nove veces se tes dor de cadrís? A que parte da Barca de Pedra correspondería esta pedra?

7. Se foras acusado inxustamente dun crime, a que pedra deberías recurrir? A que parte da Barca de Pedra correspondería esta pedra?

8. O resto da Barca de Pedra que correspondería ó timón, que nome recibe? Por que?

9. Cando se construiu o primeiro santuario da Virxe da Barca?

10. A que se refire o dito: “a romaría da Barca non baixa do nove nin sobe do quince”?

Agora xa tes todos os ingredientes para elaborar o teu traballo. Só falla unha pizca de misterio, bruma e silencio.

Imaxina que es un ancián que coñece un sinfín de historias. É unha noite de inverno, e estás ó carón do lume. Os habitantes da casa quéntanse sentados no chan, ó redor da cheminea. A única luz procede das lapas, e só se escoita o crepitar do lume. Todo o mundo está espectante. Entón ti empezas a contar a lenda da Virxe

da Barca.

Colle lápis e papel, e cóntanos a lenda tal e como a contarías ós que te escoitan. Podes empezar cun:

“Hai moito, moito tempo, cando as brumas poboaban a terra e os homes vivían espallados na frondosidade dos bosques...”

BÚSQUEDA DO TESOURO - 6º curso de Primaria

EXPLORANDO ÁFRICA  

            Este curso imos iniciar unha interesante viaxe musical que comenza hai séculos e transcurre por varios continentes. Estás preparado/a?
 
            O punto de partida é Africa. Un bo viaxeiro coñece ben o terreo polo que vai pisar. Explora na Internet e contesta no teu caderno estas preguntas:
             1. En que hemisferio se atopa África?
       2. Que Océanos a rodean?
       3. Con que continentes limita?
       4. Que famoso río desemboca no Mediterráneo?
       5. Sabes o nome do lago onde nace este río?
       6. Como se chama a illa máis grande de África?
       7. Como se chama a montaña máis alta de África?
       8. Que dous famosos desertos existen en África?
  
            Podes atopar información nas seguintes páxinas web:
  
http://go.hrw.com/atlas/span_htm/africa.htm
 
http://www.africa-turismo.com/mapas/mapa-fisico.htm
 
http://es.wikipedia.org/wiki/Africa
  
            Cando saibas contestar a todas as preguntas, abre o procesador de textos (word). Escribe unha carta ós teus familiares ou amigos explicando como é a Africa que tes coñecido durante a túa viaxe.

Powered by Drupal - Design by artinet