Novas

Novidades

TITORIAL "XUSTIFICACIÓN DE FALTAS POR ABALAR"

Lembramos que o uso de Abalar para a comunicación das familias e a xustificación de faltas vai ser a canle principal a utilizar polo centro. Por iso, deixamos a continuación, un TITORIAL de como xustificar as faltas a través da app.

TITORIAL PARA A XUSTIFICACIÓN DE FALTAS POR ABALAR

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Segundo a orde do 28 de outubro pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de educación primaria obrigatoria en centros docentes públicos no curso 2021/22, o alumnado destinatario:

a) Non ten que presentar solicitude: se é beneficiario de axuda de material escolar no curso 2021/2022.

b) Ten que presentar solicitude: se non é beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 e cumpre algunha das seguintes condicións:

                    -Pertence a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros.

                     -Está matriculado en educación especial.

                     -Está suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

                     -Ten un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

A axuda está dirixida só ao alumnado de Educación Primaria.

A solicitude unicamente se pode presentar de forma presencial no centro educativo no que estea matriculad@ o alumno ou alumna e estará dispoñible tanto no citado centro como no enderezo do portal educativo.

O prazo para solicitar as máscaras é do 15 ao 26 de novembro de 2021.

CURSO 2021/22

https://picasion.com/gl/f4tr/

                CURSO 2021-22

   COMEZAMOS O XOVES DÍA 9 DE SETEMBRO NO HORARIO

HABITUAL (9:45-14-45), CO FUNCIONAMENTO ORDINARIO

DE COMEDOR E TRANSPORTE.

                 VÉMONOS NO COLE!!

TRANSPORTE E COMEDOR PARA CURSO 2021/22

Estimadas familias comunicámoslle que está aberto o prazo para solicitar comedor e transporte para o vindeiro curso 21/22

 
É importante que o se precisan estes servizos, cubran todos os datos. Deben cubrir un impreso por cada fillo/a. 
 
Para transporte pode descargar aquí  e para comedor aquí. 
 
Poden entregar estes impresos cubertos no centro ou preferentemente a través do correo electrónico ceip.frions@edu.xunta.gal
 
O prazo finaliza o 31 de maio de 2021.
 
                                                 PREME AQUÍ PARA A DESCARGA DO DOCUMENTO DE SOLICITUDE DE PRAZA DE TRANSPORTE
 
                                          PREME AQUÍ PARA A DESCARGA DO DOCUMENTO DE SOLICITUDE DE PRAZA NO COMEDOR ESCOLAR

Charla con Odile Rodríguez de la Fuente

  O vindeiro xoves 22 de abril ás 10:00 visitaranos Odile Rodríguez de la Fuente,

bióloga e divulgadora medioambiental.

  A charla está dirixida ao alumnado de 6º de educación primaria pero

calquera persoa poderá desfrutar da conferencia a través de streaming

no enderezo:  https://youtu.be/CHQZHZxhyyg

   

                         Animámosvos a desfrutar do "Día da Terra" con nós.

             PREME AQUÍ PARA VER TODAS AS FOTOS

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras  entre el alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21(código de procedemento ED330E).Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG)

 

BENEFICIARIOS DESTA AXUDA: O  alumnado que neste curso 2020/2021 recibiron a axuda para adquirir material escolar, e polo tanto non teñen que solicitala.

PODEN SOLICITALA:  O alumnado que non foi beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

a) Perteneza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renta da unidade familiar.

ONDE ENTREGALA:

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde

estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica de la Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Este formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:

a)No centro docente.

b)No portal educativo     http://www.edu.xunta.gal

c)Na páxina web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfrions

CANDO ENTREGALA:

O prazo para presentar as solicitudes será de dez (10) días hábiles contados a partir

do día seguinte a da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia(6/11/2020).

Do día 16 de ata o 27 de novembro .

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

1. As personas interesadas deberán presentar cos solicitude (anexo I) a seguinte

documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demáis membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademáis deberán presentar a sentencia xudicial e/o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

                                                    DESCARGA AQUÍ OS ANEXOS

INFORMACIÓN INICIO DE CURSO20-21

Información ás familias

 

                                                                                                                                                                                                                                                           4/09/20

 

Estimadas familias:

Queremos facer do colexio un sitio seguro para os vosos fillos e fillas e polo tanto contade coa implicación de todo o persoal do centro para evitar os contaxios. Tamén sabemos que vos sodes grandes colaboradores co centro e que entenderedes as novas normas.

 

Estamos traballando na adaptación do Protocolo Covid, pronto o teremos colgado na web pero aínda así hai cousas que xa poden ir sabendo algunhas cousas.

 

CANDO COMEZA O COLEXIO?

  • O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil 1º, 2º e 3º curso de educación primaria.

  • O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

 

QUE MEDIDAS XERAIS IMOS TOMAR?

  • Todos os grupos serán estables e tentaremos que en ningún momento da xornada escolar se mezclen con outros grupos.

  • Todas as familias deben tomar a temperatura na casa antes de saír e se pasa de 37,5ºC non poderá vir ao centro. Tampouco pode vir a o centro se ten un dos seguintes síntomas: tose seca, dificultade respiratoria, fatiga severa, dor muscular, falta de olfacto, falta de gusto ou diarrea. Todas as familias van a asinar unha declaración xurada na que se comprometen a isto.

  • Todas as mañáns deberán cubrir unha autoenquisa do seu fillo con posibles síntomas.

  • Haberá xel, panos e papeleira específica en todas as clases e espazos.

  • Os alumnos deberá lavar as mans ou usar xel cando menos 5 veces ao día.

  • Ventilaremos as aulas cada cambio de clase.

  • O alumnado non poderá traer ao colexio nin balóns nin xoguetes que poidan suponer un contacto.

  • Extremaremos as medidas de limpeza.

     

    HAI QUE USAR MÁSCARA?

  • Todos os alumnos deberán traer máscara ao colexio (xunto cunha de reposto na mochila).

  • Os alumnos de educación primaria deberán andar con ela posta en todo momento (salvo no momento de comer).

  • Os alumnos de educación infantil, teñen que traela para usala no autobús, recreos e cando o profesorado estime (a intención é que se use o máximo posible).

     

    COMO VAN SER AS ENTRADAS?

  • Non se poderá acceder ao centro ata as 9:35 (momento que se abrirán os portais).

  • As familias de educación primaria non poderán acceder ao recinto.

  • As familias de educación infantil, so poderá acceder unha persoa por alumno e polo tempo imprescindible para recoller ou deixar ao neno.

  • As familias de primaria non poderán pasar da liña que está pintada nas cancelas.

  • Teremos zonas de espera diferentes para cada grupo para que non se mezclen as clases.

  • Pedimos puntualidade á entrada, xa que ás 10:00 pecharanse as cancelas exteriores e non se permitirá o paso de alumnos ata a seguinte sesión é dicir ás 10:35.

     

    E AS SAÍDAS?

  • Todo o alumnado saldrá do colexio coa máscara posta e non a poderá quitar ata chegar ao domicilio.  

  • A orden de saída vai ser un pouco escalonada e queda da seguinte forma:

 

Hora

Alumnado que sae

14:35

Alumnado dos 3 cursos educación infantil non trasportado (só pode acceder un familiar por alumno)

14:45

Alumnado transportado en autobús de todos os niveis.

14:50 (ou cando marchen os autobuses)

Resto de alumnado que o veñen a buscar os país.

 

COMO VAI SER O TEMA DO AUTOBÚS?

Todo o alumnado ten que vir con máscara e irá sempre na mesma praza de autobús.

  • E O COMEDOR?

  • Imos facer dúas quendas de comedor.

  • No comedor teremos mamparas de protección e cada alumno comerá sempre no mesmo sitio.

  • Como medida de prevención anticovid, este ano non van limpar os dentes despois de comer no comedor.

  • Indicar que este ano non vai haber actividades extraescolares no centro, nin tampouco vai a estar aberta a biblioteca pola tarde. 

    VAI HABER PLAN MADRUGA?

  • Si vaise encargar da súa xestión a ANPA. Pero este ano como medida de seguridade o acceso ao recinto vai ser polo portal traseiro que está ao lado das pistas.

    COMO ME COMUNICO CO CENTRO?

  • Debemos evitar ao máximo todos os desprazamentos innecesarios ao centro, polo tanto para falar con calquer membro do equipo directivo pode canalizar a súa cuestión via correo electrónico (ceip.frions@edu.xunta.gal) ou ao teléfono 881867027 (preferentemente por correo electrónico).  Se a reunión presencial é imprescindible deberá ser concertada previamente.

  • As titorías deben ser preferentemente por teléfono ou vídeo conferencia, no caso de que teña que ser presencial deberá pedir cita previa ao seu titor.

  • O que lle pedimos é que se teñen algunha dúbida se poñan en contacto con nós, preferentemente por correo electrónico.

     

    MOITAS GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN

 

TAREFAS DO 14-17 DE ABRIL

 

TAREFAS PARA A SEMANA DO 14-17 DE ABRIL

PINCHA NO TEU CURSO PARA ACCEDER A TODAS ACTIVIDADES

EDUCACIÓN INFANTIL

1º PRIMARIA

2º PRIMARIA

3º PRIMARIA

4º PRIMARIA

5º PRIMARIA

6º PRIMARIA

MOITO ÁNIMO A TODOS E TODAS

CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

25/11/2019 18:44
Europa/Madrid

O 25 de novembro celebramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia conta a Muller. Para iso, todo o centro traballou sobre a canción en linguaxe de signos "La puerta violeta", de Rozalén. Durante esta xornada, os nenos e nenas xuntáronse para signar a letra e finalmente, agrupáronse formando o lazo violeta.

 

Distribuir contenido