Iniciar sesiónNavegación |
Materiais educativosOrtografía da lingua galegaPrograma educativo para traballar máis de 1.000 vocábulos da lingua galega. Adaptado á nova normativa da Real Academia. Non precisa de plug-ins accesorios. Basta con ter un navegador.
categories [ ]
Fontes escolaresSe che interesan fontes para aprenderlle a ler ós máis pequenos podes obtelas aquí. A fonte "Boo" é feita por min e podedes usala e distribuila libremente (sempre sen ánimo de lucro). O resto das fontes son propiedade dos seus respectivos autores, e non creo que haxa pegas para poder usalas nas aulas, aínda que habería que consultalos no caso de empregalas para unha posible publicación que poidera xerar beneficios económicos. Embaixo de cada enlace amósase unha pequena mostra de cada unha das fontes.
categories [ ]
Obradoiro de matemáticas¿Quen dixo que as matemáticas son sosas e aburridas? Aquí podedes descargar unha completa serie de sesións para todo un ano académico de actividades de todo tipo: manipulativas, de enxeño, de lóxica,... deseñadas para un obradoiro de matemáticas dirixido a rapaces do 1º ciclo da ESO. Trátase de achegar diversos contidos matemáticos ós rapaces dun xeito lúdico e entretido. Máis de 60 sesións. Idioma: galego.
categories [ ]
Ortografía 1º e 2º ciclosNesta páxina preséntanse unha serie de fichas para traballa-la ortografía no 1º e 2º ciclos de educación primaria. A maioría son para lingua española, aínda que tamén hai un feixe para lingua galega no enlace que se indica.
categories [ ]
Matemáticas 2º cicloNesta sección podedes descargar unha serie de fichas de traballo que desenvolven distintos aspectos das matemáticas para o 2º ciclo de educación primaria. Entre parénteses indícase o número de fichas dispoñibles en cada arquivo a descargar. Idiomas: galego e español.
categories [ ]
ExperimentosAquí tedes unha serie de sinxelas experiencias para realizar no voso laboratorio, na aula ou en exteriores, con materiais moi fáciles de conseguir. Para traballar en coñecemento do medio ou en ciencias no 1º ciclo da ESO. Idioma: galego.
categories [ ]
Educación FísicaAquí podedes descargar materiais varios para aplicar nas vosas sesións de educación física. Desde o 1º ciclo ata a ESO. Idioma: español.
categories [ ]
Aplicacións ClicAquí tedes un par de aplicacións para o programa Clic, en versións Clic 3.0 e JClic. Unha delas traballa os animais invertebrados e está dirixida ó 3º ciclo de primaria ou 1º ciclo de ESO. A segunda é un pequeno conto de Nadal en galego dirixido a educación infantil ou 1º ciclo de primaria.
categories [ ]
A raposa e as sardiñasPequeno conto interactivo en galego no que logo se traballan unha serie de actividades de comprensión lectora. Elaborado coa aplicación Ardora e dirixido a nenos de 1º ciclo de primaria. Se queres podes executalo en liña desde a nosa sección de xogos. É necesario ter instalado o plug-in de Java. Está feito en dúas resolucións distintas para que poidas escoller segundo as túas necesidades. Dentro dos zip xa hai un arquivo con instruccións para instalalo no disco duro do teu aparello ou, se queres, tamén en rede.
categories [ ]
A división con dúas cifras no cocienteAquí vos ofrecemos un modelo de secuenciación de actividades con exemplos concretos para que os rapaces poidan aprender a dividir con dúas cifras no cociente dunha forma lóxica. A nós dounos bos resultados.
categories [ ]
|