Iniciar sesiónNavegación |
O AQUEL - A nosa mascotaO AquelCHEGOU O AQUEL A NOSA BIBLIOTECA Pois chegou un día o "Aquel" á biblioteca, e foi alá pola primavera... As anduriñas cantoras viñan facer os seus niños a Frions, pero un oviño perdeuse e..., ¿sabedes a onde chegou? ¡Pois á nosa biblioteca! E polo mes de maio, o oviño escachou; e do oviño escachado, saíu un poliño de anduriña e ... ¡ Sentiuse perdido na nosa biblioteca! Era coma un Aquel que non sabía para onde mirar e todo lle asustaba... E nin sequera os nenos adiviñaban quen era ese Aquel... Agora xa vive entre nós, e pouco a pouco o Aquel irá sabendo dos nenos e nenas que acudan á biblioteca que serán os seus amigos, coñecerá sitios, histoiras, pasatempos e risas dos libros que él poderá esconder.... E saberá que grazas aos libros, a súa vida será a da liberdade....
Pois chegou un día o "AQUEL" á biblioteca , e foi alá pola primavera...
categories [ ]
|