Skip to Content

Rúa Colmeote s/n
15570 Narón
Teléfono: 881938386
ceip.gandara.naron@edu.xunta.gal

"Ponte no meu lugar...."

 Con motivo da conmemoración do día Internacional das persoas con discapacidade, desde Convivencia planificouse un xogo de rol: 

“Ponte no meu lugar", para realizar durante esa semana. Trátase de potenciar o desenvolvemento da empatía, a aceptación das diferenzas e a toma de conciencia das barreiras e limitacións que as persoas con diversidade funcional poden atoparse no seu día a día. A través desta actividade tamén se pretende acadar unha reflexión persoal e individual sobre a discapacidade que nalgún momento pode afectarnos a nós ou ao noso entorno. O alumnado de 6º de Educación Primaria participou de xeito moi satisfactorio dirixindo as actividades propostas nas distintas estacións e polas que foi rotando o resto do alumnado do Centro, o que lles supuxo sen dúbida unha grande aprendizaxe. Pasámolo moi ben!



paxina_eq | by Dr. Radut