Blog de EDLG

Outras voces para Xela Arias. Lois Arias

Outras voces para as letras de Xela. Poesía nas raíces onde nace a palabra.

Neste vídeo podedes ver o seu fillo falando dela.

Enlaces para coñecer mellor á poeta Xela Arias

Vídeo de Illa Bufarda "Xela e a palabra"

 Intempériome:

Recital de poesía 1988 (Xela Arias é a primeira)

Tigres como cabalos

"Dígocho eu!" Se falamos galego falémolo ben!

Como ben sabemos, a maioría dos nenos e nenas do noso colexio falan galego pero... falámolo ben?.

Normalmente cometemos erros como "castelanismos" (palabras que pertencen ao idioma do castelán dicímolas falando o galego) ou o que tamén chamamos coloquialmente "castrapo" (misturar estes dous idiomas).

Coñecedes a Esther do "Dígocho eu!"?. Ten canles nas redes sociais como Youtube e Tiktok onde nos fala das palabras que usamos mal e cal é a forma correcta de dicilas.

Que vos parece se nós facemos o mesmo? Pensade qué palabras usamos mal na nosa lingua, apuntádeas, e entre todos e todas da aula facede un vídeo, como xa fixeron os de sexto para o día da paz. Que non o vistes? pois mirade mirade...

Outros exemplos:

O "dígocho eu" vai a praia

Aprende a facer a cama en galego

Cinco palabras para utilizar nas aulas

Enreguéifate 2021

Comeza o Enreguéifate 2021!

prazo de participación estará aberto desde o 29 de marzo ata o 28 de maio de 2021 e a inscrición poderá facerse desde a páxina web do certame, onde tamén están xa dispoñibles as bases: www.enregueifate.gal

Como cada ano, haberá dúas categorías: Xeral e escolar. E seis premios en cada unha das mesmas: Regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada e mellor falada.

Letras Galegas 2021 adicado a Xela Arias

Achégase a semana das Letras Galegas 2021, adicado este ano a Xela Arias.

Podedes ver un resumo da súa vida e obra no seguinte vídeo: