Skip to Content

Día da Paz

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN

VOS ESPERAMOS O MARTES DÍA 30__DÍA DA PAZ__ A MELLOR CELEBRACIÓN DESTE DÍA, COLABORANDO CON KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE__

PAZ 2020

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ 2020

Con motivo da celebración do Día da Paz 2020, elaboramos unha exposición adicada ao Premio Nobel da Paz 2019, O primeiro ministro de Etiopía, Abiy Amed Ali. Aprendemos tamén moitas cousas sobre este país e bailamos unha danza típica. Velaquí as imaxes:

XOGOS DE ETIOPÍA

COMO DURANTE A SEMANA ANTES DO DÍA DA PAZ ESTIVEMOS TRABALLANDO ETIOPÍA POR SER O PAÍS DO GAÑADOR DESTE ANO DO NOBEL DA PAZ (ABIY AHMED), XOGAMOS A VARIOS XOGOS TÍPICOS DE ETIOPÍA DURANTE AS SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE:

MBUBE MBUBE: O LEÓN TEN QUE CATURAR O IMPALA CON PISTAS.

MAMBA: A CABEZA DA MAMBA (SERPE) TEN QUE CAPTURAR ÁS PRESAS.

Día da Paz

30 de xaneiro de 2020

 

Achegamos un vídeo-resumo das actividades realizadas polo grupo de 3º de Primaria para a celebración do Día da Paz.

 

 

Celabramos o Día da Paz!

O día 30 de xaneiro celebramos o día da Paz e elaboramos unha bandeira de Etiopía, xa que este ano se lle adica o Nobel da Paz o seu primer ministro Abiy Ahmed.

 

 

 

Tamén fíxemos un mural con profesións que contríbuen a que haxa paz.

 

 

 

 

 

 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

HOXE, 30 DE XANEIRO, CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ NON SÓ COA GRAN CARREIRA SOLIDARIA DE "SAVE THE CHILDREN" SENÓN TAMÉN INVESTIGANDO SOBRE O GAÑADOR DO PREMIO DA PAZ 2020 ABIY AHMED ALI E SOBRE O SEU PAÍS ETIOPÍA.

NO TABOLEIRO DA LINGUA PODEDES VER UN RESUMO DO EXPOSTO:

 

Plan lector. Día da PAZ

Xa está dispoñible na nosa canle de youtube o vídeo do Plan Lector do Día da Paz, no que, ademais da voz, empregamos a linguaxe de signos. Moitas grazas a Ricardo pola colaboración. Podedes velo premendo neste enlace.

E neste outro podedes ver a actuación do alumnado de 5º e 6º, que interpretaron Imagine, de John Lennon

DÍA DA PAZ

DÍA DA PAZ

Hoxe celebramos no centro un Plan Lector conxunto con motivo da celebración do Día da Paz. Nel recitamos un poema-canción onde ademais da voz empregamos a linguaxe de signos que estamos a aprender co profe Ricardo ao que lle queremos agradecer a súa colaboración nesta actividade. Nas vindeiras horas publicaremos o enlace para ver os vídeos. Seguide, ata ese momento, desfrutando cos soños de paz do noso alumnado!!!

DÍA DA PAZ

Ola de novo,

Mañá conmemoramos o Día da Paz no centro. Estivemos informándonos sobre Denis Mukwege e Nadia Murad, xa que foron os que acadaron moi merecidamente o Premio Nobel da Paz 2018.

Asimesmo, recordamos a figura de Martin Luther King Jr. e a súa loita pacífica en defensa dos dereitos da persoas de raza negra.

Carreira solidaria Save the Children

 

Un curso máis, dende o Gandara-Sofán, levaremos a cabo a CARREIRA SOLIDARIA en favor da entidade SAVE THE CHILDREN. Terá lugar o próximo xoves 31 de xaneiro.

A través desta carreira solidaria pretendemos mobilizarnos e loitar para defender os dereitos dos nenos e nenas que viven refuxiados ou son vítimas de conflitos armados.  

Distribuir contido


by Dr. Radut