Rúa Souto s/n Sigrás - Cambre 15181 A Coruña 881 96 01 31 ceip.gonzalo.torrente.cambre@edu.xunta.es

LETRAS GALEGAS 2022

O pasado venres adiantamos a celebración do día das nosas letras. A rapazada toda organizou unha romaría no anfiteatro da vila de Cambre. Tivemos actuacións musicais, lecturas da obra de Florencio Delgado, arte, pintura, sendeirismo e sobre todo desfrute, moito desfrute.

Na seguinte presentación queremos compartir ese día con todas as familias. Así que agardamos que desfrutedes vendo o traballo de todo o alumnado, tanto como desfrutaron eles.

DÍA NON LECTIVO

NOTA INFORMATIVA

Ao amparo do disposto no artigo 7.2 da Orde do 19 de maio de 2021 (DOG Núm.104 do 4 de xuño), a xefatura territorial resolveu autorizar o día 16 de maio como día non lectivo ao CEIP Gonzalo Torrente Ballester, polo que o próximo luns 16 non haberá clase.

DIRECTICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

Para consultar as novas directrices para o uso das máscaras nos centros educativos, podedes premer na imaxe.

VOTACIÓN V EDICIÓN DO CONCURSO "CANTANDO COAS MANS"

Xa está aberto o prazo de votación para o premio do público da V edición do concurso "Cantando coas mans" convocado pola FAXPG no que participa o centro por quinta vez.

Tedes de prazo para votar a canción que máis vos guste ata o mércores 27 ás 12:00h. (a nós foi o do CEIP Torrente Ballester-Olvídame).

Animádevos a votar!!!!!!

Premede na imaxe para acceder á votación.

 

 

 

 

RECADACIÓN E INGRESO DA CARREIRA SOLIDARIA

Acabamos de recibir o xustificante de ingreso na conta de Save the Children dos cartos recadados na Carreira Solidaria deste ano.

A cantidade total foi de 1579,3 euros.

Moitísimas grazas a todos pola vosa colaboración neste proxecto solidario.

Así mesmo recibimos o diploma acreditativo da participación do centro.

Podedes premer no diploma para ver o xuntificante de ingreso.

VISITA AO CENTRO REPRESENTANTES DA FAXPG E Dir. XERAL DE MAIORES E DISCAPACITADOS

O pasado luns recibimos a visita de Iker Sertucha (Presidente da FAXPG) e de Fernando Gozález Abeijón (Dir. Xeral de Maiores e Discapacitados da Xunta de Galicia) no que comprobaron de primeira man o traballo inclusivo que estase a realizar no centro.

Quedaron encantados co traballo e esforzo do alumnado do centro nun tema tan sensible como é a inclusión. 

Esta visita non pasou desapercibida nas redes sociais das administracións que nos visitaron.

Podedes consultalas, así como vídeos e imaxes da citada visita, na seguinte presentación.

ADMISIÓN ALUMNADO NOVA MATRÍCULA

NOTA INFORMATIVA

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso 2022-23, ao non cubrirse o número de vacantes existentes danse por admitidas todas as solicitudes presentadas.

Lembramos que para facer efectiva a matrícula deberán de formalizala no prazo correspondente.

Prazo de formalización de matrícula do 20 ao 30 de xuño.

A documentación necesaria para a formalización de matrícula publicarase nesta mesma páxina web no mes de xuño.

ADMISIÓN ALUMNADO NOVA MATRÍCULA

NOTA INFORMATIVA

Informamos de que por motivos técnicos amplíase en 24 horas máis a presentación de solicitudes por vía telemática na sede electrónica. Esta ampliación afecta soamente ás solicitudes presentadas por esta vía.

Por este motivo, amplíase igualmente en 24 horas o prazo de publicación de admitidos/excluidos.

Mañá mércores publicarase o listado definitivo.

BOLSA AXUDAS DO MINISTERIO CURSO 2022-23

INFORMACIÓN USO MASCARILLAS NOS RECREOS

O pasado 18-03-2022 as Consellerías de Sanida e de Educación fixeron un comunicado conxunto sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos.

No citado comunicado deixa de recomendarse o seu uso.

Para consultar o comunicado podedes premer na imaxe.

 

Distribuir contido