A nosa historia

Breve descrición da orixe e evolución do noso colexio

Xubilación mestre Manolo Rivas 22-23

Este 21 de xuño de 2023 homenaxeamos ao noso mestre Manolo Rivas, con motivo da súa xubilación. Queremos agradecer a este superheroe do ensino, a súa contribución  para loitar por un mundo máis xusto, sostible e solidario. Coa súa inmensa bondade, bo facer  e cariño polos demáis, transmiteu  ao noso alumnado valores importantísimos para a nosa comunidade educativa.

xubilacion mestre Manolo Rivas

Daniel Gómez 2021

Daniel Gómez, o noso compás!

O compás do noso cole, desde que lle foi concedido destino coma orientador, sempre poñendo o seu bo facer ao servizo da comunidade educativa: o diálogo, a comprensión, o saber escoitar, a empatía, o sentido do humor,...

O Noso Compás  

E defensor da lingua galega, ... Sempre!!!

Preme para escoitar as súas verbas e o noso agarimo. Grazas, Daniel, polas túas ensinanzas, polo pouso de sabedoría que nos deixas.

RadioTodiño

 

POR QUE CELEBRAMOS O 60 ANIVERSARIO?

 

 

A Comisión 60º aniversario está formada por mestre/as e nais da ANPA “Sta Uxía”, que como dio noso lema: “60 ANOS NO CORAZÓN DE RIBEIRA” quere amosar o noso recoñecemento a todo o profesorado é alumnado que,nestes anos,pasaron polas aulas e deixaron a súapegada na educación ecultura desta fermosa cidade.

Co programa de actividades a celebrar durante o ano 2009 e que remataránen febreiro de 2010, pretendemos:

  • Conmemorar a fundación do CEIP “O GRUPO de Ribeira (1949-2009).
  • Elaborar diversos materiais sobre a historia do centro e o concello de Ribeira.
  • Contribuír a difundir cultural e turisticamente a cidade de Ribeira e a comarca do Barbanza.
  • Desenvolver exposicións de documentos, material escolar, fotografías, etc., que contribúan a comprender a historia da comarca do Barbanza.
  • Homenaxear á comunidade educativaque pasou polocolexio.

O noso agradecemento a todos os sectores da Comunidade escolar, Deputación Provincial e Concello de Riveira que fan posible cumprir os obxectivos que nos temos marcados.

 

Anxo Corbelle Magariños.

Presidente Comisión do 60 Aniversario.

BREVES APUNTAMENTOS SOBRE OS 60 ANOS DO NOSO COLE

 

 

 

 

O 17 de abril de 1941, a corporación municipal do concello de Ribeira acorda encargar o proxecto de construcción do futuro grupo escolar ao aparellador coruñés Peregrino Cotellos.

O 20 de xullo de 1944 a Corporación Municipal decide construír nuns terreos propiedade de José Pérez Fernández e herdeiros de Silverio Pereira situados na estrada Nova, hoxe Miguel Rodríguez Bautista, a nova agrupación escolar da cidade de Ribeira. Non houbo acordo cos propietarios para a súa adquisición e dado o estado en que se atopaban as distintas escolas, decidiuse tramitar a expropiación forzosa dos terreos por causa de utilidade pública.

A poxa definitiva das obras do grupo escolar, tivo lugar o 21 de xullo de 1945, adxudicándose a favor de Loreto Castellanos Miguel na cantidade de 364.546,48 ptas.

O 3 de febreiro de 1949, a Corporación Municipal acorda darlle o nome de Francisco Franco e o 2 de xullo do mesmo ano, tómase o acordo de trasladar ao alumnado das diferentes escolas públicas da cidade á nova agrupación escolar .

O 12 de febreiro do 1950 inaugúrase oficialmente, aínda que xa levaba tempo funcionando, o Grupo Escolar coa asistencia de gobernador civil e outras autoridades provinciais.

Xa van alá case 60 anos, e despois de diferentes melloras: construccións do edificio anexo, ximnasio...; o CEIP “O GRUPO” formou nas súas aulas a tres xeracións de cidadáns , contribuíndo a riqueza cultural da capital do Barbanza.

 

 

Distribuir contido