Actividades

PRESENTACIÓN DO LIBRO "O GRUPO, 60 NO CORAZÓN DE RIBEIRA"

O PASADO VENRES 19 DE NOVEMBRO PRESENTOUSE O LIBRO DA HISTORIA DO GRUPO

                                                                

O prezo do libro é 15 euros, e podédelo mercar no propio centro; Ceip O Grupo (Miguel Rodríguez Bautista, 22) e nestas librarías de Ribeira:

  • Libraría Sanyg
  • Libraría Nobel
  • Libraría Máster
  • Libraría Mirás
  • Libraría León de Padín
  • Quiosco da plaza de Benetton

 

Accede á galería para ver as fotos

ACTO HOMENAXE AOS MESTRES XUBILADOS

 

 

 

Este sábado 8 de maio vimos de celebrar dentro das actividades de conmemoración do 60 aniversario da creación do noso centro un acto para homenaxear a todas aquelas persoas que traballaron no corazón de Ribeira, no Grupo.

 

 

 

 

Clica na ligazón para entrar á galería de imaxes do evento

 

Acto Homenaxe aos mestres xubilados

 
Pola presente teño o pracer de convidalo/a, ao acto de homenaxe as mestras e persoal non docente xubilado do CEIP O Grupo. Este vai ter lugar o vindeiro Sábado 8 de maio de 2010.

Para eso temos previsto o seguinte calendario de actividades

11:00 Recepeción no Conservatório Municipal.

11:30 Benvida a cargo do director do CEIP O Grupo, don Anxo Corbelle Magariños.

11:40 Conferencia “Vivencias como mestras do Grupo”  a cargo de dona Dolores Rodríguez, dona constantina Reiriz e dona Amalita Méndez. As 3 son mestras xubiladas do CEIP O Grupo.

12:05 Lectura do poema  a cargo do mestre e ex-director do Grupo don Pedro Rovira Magariños.

12:10 Entrega de Placas aos docententes e persoal de servizos do CEIP O Grupo.

13:00 Descubrimento da Placa homenaxe do 60 aniversario na fachada do edifício.  Breves palabra do director e das autoridades presentes (Xefa Territorial, Deputada Provincial e alcalde).

13:30 Baile galego a cargo do Grupo de Baile do Grupo no hall.

13:40 Visita guiada ao colexio ensinando as dependéncias.

14:00 Pinchos de confraternización.

15:00 Comida só para mestres.
- Vai ser no restaurante do Clube Náutico de Ribeira .
- Precísase reservar con antelación, antes do 4 de maio, facendo un ingreso de 40 €uros na conta de Caixa Galicia 2091-0303-89-3040019116. Ao facer o ingreso haberá que dicir o nome e apelidos para confirmar a reserva,
- Poderase traer acompañante facendo o ingreso pertinente.   
- A cada asistente á comida entregaráselle un agasallo conmemorativo.

Esperando contar coa súa presenza, saúdalle:






Anxo Corbelle Magariños
Director do CEIP O Grupo

CONFERENCIA "EDUCACIÓN EN RIBEIRA NOS ANOS 50"

O próximo día 10 de decembro de 2009 estades invitados á conferencia impartida por D. José M. Pérez Lustres "Chenel" E José Antonio Otero Sobrido que se celebrará no Conservatorio Municipal ás 19:00 horas. O título da conferencia "Educación en Ribeira nos anos 50". Ao rematar proxectaranse imaxes das escolas de Ribeira da época.

Agardamos contar coa vosa presencia, estades todos/as invitados/as!.

Anxo Corbelle Magariños

Presidente da Comisión  do 60 aniversario do CEIP O Grupo de Ribeira. 

UNHA FESTA FIN DE CURSO DE 60 ANIVERSARIO

O fin de curso 2008-09 celebramos unha festa inimaxinable, á altura de todo un 60 aniversario.

Na imaxe superior vemos unha escolma dalgunhas das actividades realizadas e dende aquí agradecemos a colaboración do Concello de Ribeira a través de Concellería de Educación e Cultura, da Deputación da Coruña, da Academia de perruquería Yara, da Academia de baile Tomasón, das mamás da ANPA, dos mestres/as colaboradores/as e de todo o alumnado.

Contamosvos aos que non estivestes o que fixemos:

O venres 19 de xuño tivemos as seguintes actividades:

A obra de teatro "O GRANDE TESOURO MARIÑO" ao que asistiu en varias quendas todo o alumnado do centro. A obra foi escrita e Dirixida por Fina Outeiral, colaboraron varios mestres/as de infantil e primaria: Gena, Loly Iglesias, Luis Teira, Elena Varela, O atrezzo foi elaborado pola coidadora Estefanía. A intrepretación estelar foi dun equipo de mamás da ANPA. 

- Ao rematar as quendas do teatro realizouse un encontro de Brilé mestres/as

 

O luns 22 de xuño tivemos todas estas actividades:

- Obradoiro de Cociña cos cociñeiros Manuel Rivas e Saúl Framiñán. Onde nos ensinaron algunha obra de arte coas froitas e verduras e onde tamén elaboramos deliciosas e fresquiñas brochetas de froita.

- Obradoiro de maquillaxe. A mamás de dúas alumnas do centro axudaron co persoal da súa perruquería Yara, neste obradoiro de maquillaxe, onde todolos alumnos/as se convertían en fachendosas obras de arte facial. 

- Obradoiro de comida tenebrosa. O Equipo de Infantil elaborou unha sesión de elaboración e degustación de comida tenebrosa: arañas, dedos de momia, osos de morto, ataudes varios... Se disfrutamos elaborandoas, máis aínda ao comelas, non quedou nin unha faragulla.

- Karaoke. Na aula de PT2 habilitouse un grandioso e catártico karaoke onde neos e maiores  afinaron mellor ou peor as cancións de hoxe e de onte solicitadas.

- Actuación do Mago Romarís. Este famoso mago deixou a propios e extraños coa boca aberta ao manexar con abraio cartas, cordas, botellas máxicas...

- Actuación do grupo de Baile rexional do cole. O noso grupo de folcklóricos galegos interpretou varias pezas no palco habilitado no patio do centro, dirixidos con acerto pola mestra Teté.

- Exhibición de Baile Latino da Academia Tomasón. alumnos da academia e do noso centro interpretaron con mestría latina varias pezas deixando aos espectadores absortos cos movementos coordinados da cadeira.

- Solo de Flauta do alumno Carlos Calvo. Unha vez máis o alumno de 6ºB, Carlos Calvo interpretou un solo de frauta.  

- Entrega de Premios dos Certames das Letras Galegas 2008-09.

Para rematar deixamosvos o mellor de todo:

- Hinchables. Duante toda a mañá e respectando rigurosamente as quendas disfrutamos de tres hinchables. Descalzarse, saltar, xirar, chocar, trepar e deslizarse. Unha pasada!.

- Reparto da revista Alborada polo Capitán Benito Souto e Grumeta Quilla. Estes personaxes do noso cole repartiron unha revista novidosa, inclúe o clásico formato en papel e un DVD con música, moitas imaxes, video e incluso varios xogos. Este DVD é para uso no PC  e é importante ter instalado no PC o programa Flash.

Clica para ver a Galeria de imaxes

Conferencia " A Construcción do Grupo"

O 28 de maio de 2009 numerosos mestres e anteriores mestres/as, representantes do concello, pais e nais do noso cole asistiron á conferencia que levaba por título:"A Construcción do Grupo".

Ao redor das 19:30, no salón de actos do Conservatorio Municipal de Ribeira, D. Emilio Rodríguez López (Erolo) e D. José Antonio Otero Sobrido nos ilustraron con datos curiosos e anécdotas divertidas nunhas ponencias amenas ao redor da historia da creación do noso cole e da Educación en Ribeira que se pecharon cunha pequena quenda de preguntas dos asistentes aos conferenciantes.

A Comisión xa está a preparar outra conferencia para próximas datas, da que faremos mención nesta páxina e a través das canles habituais.   

Clica para ver imaxes da galería

 

Exposición: "Os Documentos Do Grupo"

Dentro do ciclo de Actividades organizadas pola Comisión do 60 Aniversario do centro,  o 28 de Maio celebramos unha exposición no edificio principal do cole titulada "Os Documentos do Grupo". Coa inestimable colaboración do Concello e da documentación facilitada polo  arquiveiro municipal xunto coa dispoñible no centro organizamos unha mostra de documentos "curiosos" que teñen que ver coa orixe e evolución do noso centro. A mostra seguirá aberta os próximos días para que a poida visitar máis xente da comunidade educativa interesada. Invitámosvos a vela.

Clica para ver a galeria de imaxes

 

Exposición "As Cousas do Grupo"

"As Cousas do Grupo"

O xoves 23 de abril de 2009 inauguramos na nosa escola a exposición de material didáctico e mobiliario escolar da época dos nosos avós. Para esta exposición, en colaboración co CEFORE, o Mupega cedeunos mobiliario para recrear como era unha escola nos anos 60. Do mesmo xeito incrementamos a mostra con material pertencente a este centro desde as súas orixes e tamén con mostras cedidas temporalmente pola familias do nosos alumn@s.

 Ver  galeria de imaxes

 

Seguidamente, grazas as xestións do CEFORE de Santiago, sección da Pobbra, organizamos a primeira das conferencias programadas con motivo do 60 aniversario do centro.

Sobre as 19:00, no salón de actos do conservatorio de Ribeira tivemos a conferencia a cargo do catedrático de historia da Educación da USC, D. Antón Costa Rico, titulada "A Escola Nacional Católica: ideoloxía, mitos, poucos saberes e boa conduta".

Actividades Comisión 60 Aniversario

Estas son as actividades previstas para realizar co gallo do 60 aniversario do noso centro.

 

1.         EXPOSICIÓNS 

1.1. O Grupo na Prensa.   Recopilación de documentos e novas de xornal nas que O Grupo sexa o protagonista. Exposición deste material no centro.  

1.2 Os rostros do Grupo. Recopilación de fotografías de mestres e alumnado que pasadon nas distintas épocas do centro. Exposición das mesmas  

1.3. As cousas do Grupo. Traballo de localización, restauración e exposición do material didáctico e educativo utilizado nos 60 anos de historia do centro.  

1.4. O Grupo a través de Alborada. Alborada é a revista do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do centro. Faremos unha exposición con todo o material editado.

2.        CONFERENCIAS DIVULGATIVAS. Desenvolveranse unha serie de conferencias no centro de ensino, abertas a todo o público interesado. 

Título Poñente Data
"A Escola Nacional-Católica: ideoloxía, mitos, saberes e boa conduta"  D. Antón Costa Rico Abril de 2009
Lembranzas da vida escolar  Pendente de confirmar Febreiro 2009
60 anos da educación en Galicia  Pendente de confirmar Marzo 2009

3.        DOCUMENTAL "NO CORAZÓN DE RIBEIRA, 60 ANOS DO GRUPO”  Elaboración dun documental, de 30 minutos, con testemuños de alumando e profesorado que pasou polo centro. Este documental contará con numeroasas imaxes de arquivo.Neste documental describirase como evolucionou o centro arquitectonicamente e como se transformou a realidade do entorno do centro. Temporalización: estrea en Xuño 2009. 

4.        EDICIÓN DO LIBRO " CÓNTAME A HISTORIA DO GRUPO" Elaborarase un libro con fotografías e textos sobre a historia do centro. Este libro distribuirase entre toda a comunidade educativa. Tirada 1000 exemplares. Temporalización: presentación Maio 2009.  

5.        HOMENAXE AOS MESTRES/AS QUE PASARON POLO CENTRO. En xuño desenvolverase unha xornada de convivencia onde se homenaxearán aos mestres que pasaron polo centro nas distintas épocas. Ademais será un acto institucional e presentarase o documental “No corazón de Ribeira, 60 anos do Grupo” e do libro “Cóntame a  historia do Grupo”. Temporalización: xuño 2009. 

Distribuir contido