Aqui tedes a revista escolar do CEIP do Hío 2022-23.

Para vela tedes 3 opcións:

1) https://drive.google.com/file/d/1DrFV735IbuA4a0OCUNCCXXFrB5lBpnru/view?usp=sharing

2) http://gofile.me/74Hek/oZxCz4PYQ

3)Tamén podedes acceder a ela picando un pouco máis abaixo, pois vai como documento adxunto

O venres 17 de febreiro celebramos o Entroido, acompañados de gaiteiros e familiares, intentando reproducir a modelo tradicional das aldeas do Hío.

Nos seguintes enlaces podes ver un resumo en formato vídeo:

Se estás interesada/o en matricular ao teu fillo ou filla no noso colexio, ou se queres coñecernos, recibe unha afectuosa benvida!

 

As SOLICITUDES DE ADMISIÓN van do 1 ao 20 de marzo:

Deixamos nos documentos adxuntos información sobre a xornada de portas abertas así como a solicitude para a admisión de alumnado.

E se o precisas, podes chamarnos ao 886 110 183 / 886 110 182

Na liña de continuar recuperando a normalidade conmemoramos o festividade do Hío, mediante unha xornada deportiva; nesta ocasión co formato PARALÍMPICO. 

Equipos constituídos con alumnado desde 3 anos a 6º, no que o dos cursos máis altos fai as veces de capitán, intentaron acadar as puntuacións máis altas en cada proba.

O martes 22 de novembro recuperamos a celebración "presencial" do Día da Música, despois dos anos de pandemia.

Foi unha alegría que o alumnado e familias con dotes e paixón pola música volveran pisar o escenario. Prepararon as actuacións nas casas as semanas previas.

Aquí tedes un resumo das mostras artísticas coas que nos deleitaron.

O día 5 de outubro a cadea radiofónica SIRADIO Sidebar 1 gravou un programa-magacine no noso colexio.

Participou o alumnado de 6º como locutoras e locutores, ocupáronse tamén de preparar as entrevistas a persoas salientables do Hío, escoller a música, crearon un conto...

O programa está listo para ser escoitado. Podedes facelo a través do seguinte enlace de SPOTIFY 

Animádevos facervos socias da ANPA.

Enchede a ficha que está como documento adxunto.

PAGO CUOTA ANUAL POR FAMILIA 15 €, mediante ingreso bancario.

Telf. Contacto 678.068.930

anpaceipdohio@gmail.com

anpacolexiohio@hotmail.es  

facebook: @anpaceipdohio  

Envíase a información relativa ás actividades extraescolares ofertadas para o curso 2023/2024 no CEIP O Hío, para participar destas actividades será requisito imprescindible ser soci@ da ANPA do CEIP O Hío. No caso das crianzas matriculadas noutros centros que participen das actividades ofertadas no CEIP O Hío, será preciso que sexan soci@ da ANPA do seu propio centro.

 

Queda o documento informativo adxunto a esta publicación.

Distribuir contido