Skip to Content

Prazo extraordinario admisión curso 23-24

Estimadas familias:

A aquelas familias que durante o proceso de admisión tivestes interese no noso centro, queremos informarvos de que existe un prazo para presentar solicitudes máis aló do prazo establecido no proceso de admisión ordinario.

Atendendo ás instruccións da Consellería, ata o día 31 de Agosto poderedes presentar solicitude de admisión se todavía estades interesados.

Se precisades máis información, ou actualizar a que xa tiñades respecto á organización do curso que ven, estamos á vosa diposición.

Un cordial saúdo.

Axudas municipais de libros, material escolar e comedor

Xa está aberto o prazo para solicitar as axudas municipais para o vindeiro curso.

Tedes toda a información na web do Concello de VIgo: premendo aquí.

Fin de curso no Kiriko

O alumnado estivo esta fin de semana desfrutando do campamento de fin de curso que organizou a ANPA do cole na granxa "O Kiriko".

Foi un grupiño ben xeitoso!

Axudas para libros de texto e material escolar curso 2023-24

Comezou o prazo para solicitar as axudas para os libros de texto e material escolar do vindeiro curso.

Tedes toda a información na web da consellería: clica aquí.

Podedes descargar o modelo ED330B para a súa presentación dende aquí.

E podedes presentar telemáticamente a solicitude dende aquí.

 

 

 

Becas NEAE curso 2023-2024

Admitidos curso 2023/24

Publicación de postos escolares vacantes

Estas son as prazas vacantes que temos para o vindeiro curso 2023-2024:

EDUCACIÓN INFANTIL

3 ANOS: 22 prazas libres + 3 prazas de nees

4 ANOS: 17 prazas libres

5 ANOS: 16 prazas libres

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º EP: 17 prazas libres +3 prazas de nees

2º EP: 16 prazas libres

3º EP: 15 prazas libres

4º EP: 17 prazas libres

5º EP: 14 prazas libres

6º EP: 20 prazas libres

Calendario de matrícula curso 2023-24

 

PROCESOS

PRAZOS

XESTIÓN E DOCUMENTACIÓN

Reserva de praza nos centros adscritos ou para cambio de etapa (infantil a primaria)

16 xaneiro-

6 febreiro

ambos incluídos

 

Publicación admitidas antes do 28 de febreiro

ANEXO I -  Modelo ED550A

Información ás familias por Abalarmobil

O alumnado de 6º de EP deberá cubrilo e entregalo na secretaría do centro actual ou presentalo na aplicación Admisión Alumnado

Publicación de postos escolares vacantes

Antes do 1 de marzo

Publicación de vacantes na aplicación Admisión Alumnado na web e taboleiro do centro.

Presentación de solicitude de praza ordinario (noutros centros ou nova admisión)

1 - 20 de marzo

 

ANEXO II -  Modelo ED550B  e fotocopia do Libro de Familia

 

Dispoñible na web da Xunta

Publicación das listaxes  provisionais de persoas admitidas e non admitidas

25 de abril

Publicación na web do centro e nos taboleiros interiores do centro

Reclamación (5 días hábiles)

Publicación das listaxes  definitivas de persoas admitidas e non admitidas

15 de maio

Publicación na web do centro e nos taboleiros interiores do centro

(expostas ata comezo do curso seguinte)

Formalización matrícula en Educación Infantil e Primaria

20 – 30 de xuño

Presentación da documentación no centro: ANEXO III-1 e documentación solicitada polo centro:

-       2 fotos tamaño carnet

-       Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros da unidade familiar (cando non autorice a súa consulta)

-       Copia do libro de familia

·         Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

·         Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Calendario escolar 23-24

Horarios do centro

Distribuir contido


by Dr. Radut