Skip to Content

CONVOCATORIA ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR.

 

De conformidade co establecido na RESOLUCIÓN conxunta do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de elleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 29 de setembro), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS/AS, segundo as seguintes normas:

    1. De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira.1 do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a 1 pai/nai, dun total de tres que debe ter o Consello Escolar. Os outros dous representantes de pais/nais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2018.

    2.- Son electores/as todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente que a partir do día sete de novembro está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata as 14:00 horas do día 12 de novembro, na secretaría do centro.

    3.- Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaría do Colexio. As candidaturas poderán ser presentadas ata as 14:00 horas do día 15 de novembro de 2021.

    4.- O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais que non se presenten como candidatos, o día 17 de novembro, ás 09:30 horas. Dita mesa electoral estará composta polo Director do Centro, que actuará como Presidente, e catro pais/nais ou titores legais, actuando de secretario o de menor idade.

    5.- A campaña electoral comprenderá dende o 19 ao 21 de novembro, ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Colexio. O día 22 de novembro, véspera das votacións, non se poderá facer campaña electoral.

   6.- Poderán actuar como supervisores da votación os pais ou titores legais dos alumnos matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no seu defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.

    7.- As votacións realizaranse neste Colexio Público o martes 23 de novembro de 16:00h a 18:30 h. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público ás 16:00h .

   8.- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de 4 nomes dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa identidade á hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

   9.- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor/a legal dos alumnos.

   10.- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para ao seu envío a Xunta Electoral do Centro.

  11.- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

 

Vigo, 5  de novembro de 2021 , O PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL,   

                                                Mª Asunción Portela Sánchez

 



blog | by Dr. Radut