UNHA CHEA DE FAMILIAS

 
 
             
   
 
 
  
Nestes días chegou as nosas aulas un precioso libro, UNHA CHEA DE FAMILIAS, de X. A. Neira Cruz e ilustrado por Rodrigo Chao. Cun formato grande, unha ilustración suxerente e de grandes volumes, cun texto cheo de naturalidade e sensibilidade , percorremos da man da nena Mariña o edificio onde vive co seu pai, que podería ser calquera edificio de calquera das nosas cidades.
O respecto pola diferenza, a igualdade, a tolerancia, rezuman durante a lectura; a vellez, a enfermidade e a morte trátanse con naturalidade; China, Marrocos, novos, vellos... nun collage perfecto de aceptación dos outros...

Este conto da pé a traballar so diferentes tipos de familias que existen.

Un libro para ler so e tamén en familia.

Máis información premendo na imaxe

 

 
  
 

Powered by Drupal - Design by artinet