ANTÓN CORTIZAS NO ISAAC PERAL

             
           
             
      Cada curso esperamos que suceda. E sucedeu o mércores, 27 de maio: ANTÓN CORTIZAS chega á nosa biblioteca, e todos os alumnos e alumnas de 4º saltan de alegría.      
                 
      Antón, que ademais de escritor, dedicouse á ensinanza, sabe canto lles gusta falar, e empezou este encontro preguntando:
     
      POR QUE ESTOU AQUÍ?      
     

As respostas sairon á coro:

"Porque es o noso padriño".

"Porque lemos un libro teu".

"Porque te queremos e admiramos".

 

     
       Ao fío das respostas, Antón e os nenos pasaron a comentar a obra lida:      
     

 

 

"OS AMORES DE BRUNO": un rapaz que vai a unha escola na que hai nenos de todas as razas e cores.

     
       O autor failles pensar sobre o sentido da discriminación, e sobre o feito de que, no fondo, todos somos iguais, ainda que "por fóra" parezamos diferentes.      
                
     

Ahora tocaba reflexionar un pouco para completar a frase proposta por Antón:

"Se eu fose diferente..."

     
     

Para animalos el púxolles o seu exemplo: "Se eu fora diferente as flores ulirían en todo o universo".

Nenos e nenas pensaron e dixeron moitas.

Antón concluíu:

"Como eu son diferente..., todos estes soños pasan. Todos somos iguais".

     
       A TRABALLAR COAS MANS!      
     

Antón sabe da importancia de traballar coas mans e animounos a facer unha paxarela: "Xogar co papel desenvolve a imaxinación, axuda a ser precisos, a ter calma..."

Como o papel da para moito, tamén fixo chifres e un xogo de vaso e pelota.

      

     
       A VOLTAS COA POESÍA      
      A modo de grazas, o alumnado recitou dous poemas que inventaron para el: un, relacionado cos valores que atoparon no libro "Os amores de Bruno"; e outro, xogando cos títulos dalgunhas das súas obras.      
     

       

     
      CLIC  NOS  POEMAS  PARA  PODER  LER      
     

 

Entre todos regaláronlle un libro.

Antón pediulles un agasallo moi especial: "Que nos recreos dos xoves e os venres falaran galego entre eles. Se unha lingua non se fala, desaparece".


 

     
     

 

     
     

 CLIC  NA  IMAXE  PARA  VER  MÁIS  FOTOS

     
             

Powered by Drupal - Design by artinet