NADAL 2015

    
     
                
   
   

  

Para descargar as fotografías de grupos premer na imaxe  

 

 

 
     
   

    AS  NOSAS  PANXOLIÑAS     

 
   

Alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º dedicáronnos unhas panxoliñas ensaiadas durante varias semanas coa súa profe de música Marián

Aquí están os nosos pequenos artistas...

                      
   

                 
                      
                     
     

 LIBROS PARA NADAL

     
           Estes e outros libros sobre o Nadal poderás atopalos na nosa Biblioteca      
           
           Premendo na imaxe  poderás saber todos os libros de Nadal que hai na nosa biblioteca       
                     
       

 

 GUÍA DE LECTURA NADAL 2015

 

       
         

 Esta é a nosa selección de libros recomendados para este Nadal, ao fío do noso proxecto de biblioteca

         
       
 
     
                     
     

ASÍ FELICITA O NOSO ALUMNADO

     
     

Todos os anos o noso alumnado elabora as postais de Nadal para felicitar ás familias. Aquí tedes unha pequena mostra os seus traballos

     
     

 

              
       
             
     

O  APALPADOR  CHEGA  AO ISAAC  PERAL

     
     

O vello Apalpador, tamén chamado en zonas Apalpabarrigas, ou Pandegueiro en partes do oriente ourensán, é unha figura lendaria galega que achega os agasallos ás nenas e nenos polas datas de Nadal. Até os nosos días amósase como un xigante que baixaba das devesas e apalpaba as súas barriguiñas. Se estaban cheas dicía: «Así, así esteas todo o ano» e deixáballes unha presa de castañas. Senón calaba, pero deixáballes tamén as castañas.

 

Se queredes máis información, contos e xogos sobre o Apalpador premer na imaxe.

     
     

Pois ben, este ano tamén chegou o Apalpador e os seus trasnos ao noso cole.

Aquí tedes as imaxes.

O noso alumnado participou no IV concurso "Coñecendo ao Apalpador" organizado pola Fundación Artabria. Parabéns a todos os participantes e en especial aos gañadores. Aquí tedes algúns debuxos do noso alumnado:

                          

Premendo na imaxe accedese a todos os gañadores do noso centro

     
     

Agradecemos á Fundaçom Artábria a súa colaboración na recuperación da figura do Apalpador e que fixo posible a realización destas actividades.

Premendo no Apalpador accédese ás imaxes

 
                   
     


   
     

E para rematar a celebración do Nadal no noso cole, aquí tedes o máis esperado polos nosos nenos e nenas:

"A VISITA DOS REIS MAGOS"

Sorrisos, ledicia, nervios e mesmo bágoas asomaban nas cariñas dos nosos "peques".

Disfrutade vendo as imaxes!

 Premendo na imaxe accédese ás fotos

 onde se poden descargar

   
     

Estaremos de vacacións ata o 7 de xaneiro. 

  As clases comezarán o VENRES 8 de xaneiro no horario habitual  

   
     

   
                               
           
           

Powered by Drupal - Design by artinet