Martes, 8 de marzo: os nenos e nenas de Educación Infantil disfrutaron dunha
sesión de contacontos na biblioteca "Antón Cortizas".
Esperábaos IAGO LÓPEZ, que traía na súa maleta un conto:
Cóntalles que "a irma de Lobo Feroz está moi preocupada: o seu fillo non é feroz!" Faise amigo de Carapuchiña, comparte unha ensalada cos coellos, ponse a xogar cos tres porquiños...
Pero é un lobiño inxenioso e logra fabricar un pastel...
E con esta receta consigue cambiar o destino de toda a súa familia, que deixa de ser "feroz" para converterse en "feliz".
-Parece moi doada. Quen se anima...?-
a Iago e a Ed. Xerais por divertirnos e animar á lectura con este conto de ensinanza tan axeitada: deixar de ser feroz e apuntarse á felicidade!!!