CELEBRAMOS AS LETRAS GALEGAS 2016

          
 

            

 

 

 

  

 

    

 
     
 

O día das LETRAS GALEGAS é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria.

 Comezou a celebrarse o 17 de maio de 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos,

 de Rosalía de Castro.

NÓS TAMÉN NOS SUMAMOS Á CELEBRACIÓN CON....

 
     
  colocadas nunha árbore moi florida que adornaba a entrada.  
 

MOITAS FORON AS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS PARA FOMENTAR O USO DA NOSA LINGUA

 

Premendo nas letras accédese ás novas 

 
 

 A celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS estaba prevista para o 13 de maio,

pero houbo que cambiala porque os nenos e nenas de 6º tiñan a avaliación de diagnóstico

 
  Por fin chegou o tan ansiado día, o venres 27 de maio!  
   Desprazámos ao salón de actos do IES Saturnino Montojo para ver a representación teatral da compañía  
     
      
 

Contos de Lobo

Un conto interactivo onde se mestura a maxia o circo ou a hipnose...

Dous personaxes dispares pero no fondo parecidos, acordan para contar historias onde aparezan lobos... pero ao final un fai maxia, outra hipnotiza, os dous fan acrobacias... ala!! E os contos? -Que nos axude o público...

"Mon e Pe", chegan para contar uns contos. Ao principio fan unha entrada tan espectacular que a “Pe” se lle vai a cabeza e comeza a facer espectáculos de maxia e acrobacias... “Mon”, contundente pero didáctica, centra a situación ofrecendo ao público presente colaboración nos contos.... e que colaboración!!!

"Mon", eficiente, sabichona, quere que todo saia ben... É unha gran coñecedora dos contos!! Menos mal que ten autocontrol se non.... 
“Pe”, Tolo, despistado e impaciente quere facer maxia, ou acrobacia, ou... ai...!! Que si, que viñamos contar contos... 
No espectáculo trátase a temática da boa alimentación así como a estimulación para o xogo e a participación teatral.

 
     
         
 

Tamén xogamos a buscar unhas pistas.

Trátase dun xogo en torno á poesía "O cuco" de Manuel María.

Dividiuse o poema en dez partes e escondéronse polo patio do colexio.

Os nenos e nenas de primaria tiñan que atopar esas dez partes e compoñer o poema.

Para iso se lles deu tamén dez pistas, ou suxerencias, de onde podían estar agochados os anacos da poesía.

 
     
  Rematamos o día cantando "O cuco" e "Caracol".  
        
 

 Premendo nos debuxos accédese aos poemas

       

 
  E non podía faltar o   
   
   
 

 

Preme no letreiro anterior e accederás a todas as imaxes

 
         

Powered by Drupal - Design by artinet