TEMPO DE NADAL

     
   
 

  NadalNadalEn todo o mundo non hai unha tradición máis universal e que nos unifique e identifique tanto como a celebración anual das festividades de Nadal. A súa soa mención trae emocións, excitación e ledicia tanto nos pequenos coma nos maiores.

NESTA PÁXINA PODEREMOS ATOPAR TODA SERIE DE RECURSOS PARA O NADAL:

O Apalpador, Contos, Panxoliñas, Vídeos ...

 
   
 
     
  O NADAL EN GALICIA  
  En Galicia hai unha tradición das montañas luguesas que nos fala dun entrañable personaxe chamado O APALPADOR, un home que visitaba aos nenos as noites do 24 ou o 31 de decembro para asegurarse de que estaban ben alimentados e para deixarlles un agasallo moi especial.

Se queredes máis información, contos, xogos e actividades multimedia sobre O APALPADOR premer na imaxe.

 
 
     
  O NADAL EN ESPAÑA  
 

PERSONAXES DE NADAL EN ESPAÑA: Ademais do Apalpador, hai en Galicia outros personaxes do Nadal: Os Reis Magos e Papá Noel. Pero... nos distintos lugares de España existen tamén outras figuras do Nadal

Nesta presentación, que inclue actividades interactivas, poderás coñecelos:

 
 
     
  O NADAL NO MUNDO  
  O NADAL NO MUNDOPara saber como celebran o Nadal en diferentes países, as súas tradicións, receitas, adornos... podemos acceder a estes enlaces: 

          O Nadal no mundo

             entrar La navidad en el mundo

         entrar Felicitacións de Nadal en diferentes países

 
 
     
  RECURSOS DE NADAL  
 

 

Dende o noso centro realizamos unha recompilación de materiais para disfrutar no Nadal con contos, panxoliñas, actividades....

 

 
     
     
     
  ACTIVIDADES VARIADAS PARA O NADAL: Debuxos, xogos, manualidades...  
   

    entrar Belén recortableMelchor

   entrar "Guía Infantil"

    entrar "El almanaque"

    entrar Manualidades de Nadal para nenas e nenos   

    entrar Manualidades de Nadal para nenos e nenas, con actividades asociadas

  
 
     
OS CONTOS PARA O NADAL

 

 

   Os contos de nadal atraen a atención de grandes e mozos. Maxia, Santa Claus, os Reis Magos, neve, e abrigo, moito amor e bondade son elementos que seguramente non faltarán. É unha forma entretida e amorosa de contar aos máis pequenos o significado do Nadal, valores e costumes; e tamén para os maiores, unha maneira de revivir esa maxia que o paso dos anos fainos esquecer...., en resumo, unha oportunidade de volver ser nenos.

Nesta presentación podemos atopar unha selección de contos para o Nadal, co resumo deles e acceso a videocontos.

Premendo na imaxe poderás saber os libros de Nadal que hai na nosa biblioteca

 
   
         
  ASÍ CELEBRAMOS O NADAL NO NOSO COLE  
 

O Nadal é ante todo unha festa para os nenos e nenas, e así o celebramos no noso cole: guirnaldas e adornos propios destas datos por todo o colexio, festa nas clases, visita do Apalpador, de Papá Noel, dos Reis Magos.... e entrega das cartas, golosinas...

Premendo na imaxe accédese ás celebracións do noso Nadal.

 
 
     
    

 

  Unha aperta a todos e unhas Felices Festas, esperando que a ledicia do Nadal se estenda todo o ano.   

    

 

 
                    

            

   

Powered by Drupal - Design by artinet