MOCHILAS VIAXEIRAS - 2014

 

     
             
     
 

 

 Chegado novembro, Peraliño invítanos a poñer en marcha as MOCHILAS VIAXEIRAS: "libros que van e veñen".

 
          
     
 

 As mochilas viaxeiras pretenden ser unha experiencia compartida de lectura en familia que emana da escola e entretece unha rede de ilusións entre a aula, o profesorado, o alumnado e, por suposto, as familias que a reciben na casa.

Son unha forma de provocar situacións de lectura na casa.

 
                                  
 

 CONTIDO

A mochila viaxeira leva materiais impresos e audiovisuais que viaxan de familia en familia, permanecendo unha semana en cada casa, para disfrute de todos.

Lévana cada xoves e deberán traela o mércores da semana seguinte.

Cada grupo familiar úsaa libremente da forma que máis lle guste.

 

 
   
 

 

 A selección de materiais das mochilas do noso centro, garda relación co proxecto da

biblioteca: "FERROLEANDO POLOS LENZOS"; coas obras literarias do noso padriño, o

escritor ANTÓN CORTIZAS; co tema proposto para as bibliotecas escolares neste curso:

BIBLIOTECA ESCOLAR...MATEMÁTICO!!!, e con temas educativos de interés para as

familias.

 

 
                
     
 

 PARA QUE SERVEN?

 
    Promocionan a lectura, as bibliotecas escolares e públicas.  
   Motivan tanto aos nenos e nenas da clase coma as familias a compartir momentos de lectura,       comunicación e afecto.  
    Fan sentir a cada neno ou nena certo protagonismo dentro da actividade.    
    Crean situacións compartidas de expresión de opinións, sentimentos, emocións, lectura, visualización de vídeos, audición de cancións.  
    Axudan a que os máis pequenos se sintan responsables. O feito de ter ao seu cargo este material durante unha semana faraos comprender que son capaces de asumir unha responsabilidade.  
 

 

 

 
   MENTRES AGARDAS POLA MOCHILA...  
 

Fai clic e proba a ler POESÍA MATEMÁTICA

- Podes seleccionar algunha para os nosos "Mércores poéticos"-

 
   PREMENDO EN CADA IMAXE ATOPARÁS UN CONTO INTERACTIVO  
             
     

Powered by Drupal - Design by artinet