Complementarias

SERES MÁXICOS DO NADAL

De que o Nadal está cheo de maxia... non tiñamos dúbida algunha!!! Pero este ano descubrimos que a maxia procede de moitos lugares e seres diferentes. O noso colexio convertiuse por un día na morada duns seres máxicos do Nadal que viñeron contarnos as súas historias. As Anjanas, o Apalpador, a Vella e Papá Noel xunto cos seus axudantes, fixéronnos partícipes das súas andanzas e variadas ensinanzas. Temos claro que non imos esquecer este día tan máxico!! Unha vez máis grazas á ANPA por conseguir que as personaxes do Nadal se achegasen dende os seus diversos fogares, e tamén aos estudantes de maxisterio que colaboraron nun día de maxia :)

 

IgualArte visita o Josefa Alonso

A última semana de curso antes do Nadal estivo chea de sorpresas e momentos marabillosos. O luns 18, grazas á ANPA Lameira, tivemos a sorte de contar no colexio co grupo "De Tapas" da Fundación IgualArte, un espazo no que as persoas con diversidade intelectual poden expresarse e formarse no ámbito artístico.

E como as sorpresas nunca veñen soas, eles tamén nos traían unha, xa que tocaron un par de temas acompañados por nenos e nenas do colexio e ademais... ata fixeron bailar a algún mestre! Non vos perdades o seguinte vídeo!!

 

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

NADAL NA ESCOLA

Nadal

Día da Paz

Semana Cultural 2012

 

Semana cultural no Centro

 

O mércores 16 de maio do 2012 estivemos na aula de inglés construíndo uns niños para un paxaro chamado ferreiriño e os nenos pequenos os pintaron de cores verdes e marrón e estivemos vendo cosas sobre Valentín Paz Andrade e veu o alcalde e repartiu uns premios do concurso de debuxo.

 

Michael 5º

 

 

O mércores fixemos casas para os ferreiriños que é unha especie de paxaros moi rara que habitan nas árbores vellas que son as que teñen buratos, por iso construímos unha caixa cun burato para que habitaran dentro,as casas eran de madeira e pintadas de pintura marrón, verde e verde azulado. Despois fomos ao recreo. Despois veu o alcalde Abel Caballero e fixo unha charla. Despois veu unha escritora chamada Charo, vimos un vídeo sobre Valentín Paz Andrade, despois déronnos un libro sobre a súa vida.

 

Jose Luis 5º

 

 

O mércores no colexio fixemos unha casa-paxaro e vimos un vídeo sobre onde vivían tres tipos de paxaros, que eran a gaivota,o merlo e o irmandiño, despois veu o alcalde, e máis tarde unha señora que estudou a un escritor moi famoso e vimos un vídeo sobre toda a súa vida.

 

Manel Santiago 5º

 

 

O mércores 16 do 5 do 2012 baixamos a sala de inglés porque veu un señor que construía niños para os paxaros, entón nos tamén construímos uns cantos niños.

A primeira sesión baixamos nenos de 5º de primaria, 6º de primaria e 4º de primaria puxémonos por grupos de 5, déronnos un martelo e uns cantos parafusos. Non nos deu tempo a terminala pero logo foron outros nenos de cursos máis baixos, supoño e os que terminaron, eran uns niños para que os paxaros non teñan que pasar frío en inverno e para que non teñan que facer buratos nas árbores e tamén porque hai veces que non hai palla e non poden facer os niños, entón morren os paxariños que nacen. Despois baixamos ao ximnasio e veu o alcalde a entregar o premio de debuxo.

Tamén veu unha señora a explicarnos un pouquiño a vida de Valentín Paz Andrade, era un escritor que morreu hai moitos anos e entregounos un libro firmado por ela, a que veu contarnos a vida de Valentín Paz Andrade

 

Séfora 5º

 

 

 O mércores 16 fixemos casas para paxaros e foi moi divertido, logo baixamos ao recreo e logo do recreo fomos ao ximnasio do colexio .Veu unha chica que se chamaba Susana que nos contou a historia da vida de Valentín Paz Andrade.

 Contounos que a Valentín Paz Andrade aos oito anos fináralle a súa nai, e logo un pouco máis tarde a súa tía empezou a darlle clases na casa.

Foi dúas veces ao cárcere, a primeira vez foi 1 mes e a segunda vez foi 15 dias, as dúas veces que foi ao cárcere foi polas cousas que escribía.

Logo tamén veu o alcalde de Vigo Don Abel Caballero, e deu os premios de debuxo a Nerea, a Pablo e a Goretti .

 

Alba 5º

 

 

O mércores fixemos casas de paxaros, estivo moi ben. As casas eran para os ferreiriños, a min tocoume con Diego, Óscar, Alba, Martín e Goretti, estivemos cravando cravos, estivemos poñendo ben as pezas e eu cravei catro cravos, despois aos de sexto e a nós, os de quinto, mandáronnos ir ao recreo, entramos no ximnasio e veu o alcalde de Vigo, Abel Caballero, eu fun o primeiro en darlle a man e despois deunos unha charla.

Despois unha escritora, chamada Charo, explicounos algo da vida de Valentín Paz Andrade e firmounos un libro seu, os debuxos eran do seu marido, subimos para a nosa clase.

 

ESTE DÍA FOI O DAS LETRAS GALEGAS

 

Lucas 5º

Entroido 2012

 

O entroido é moi divertido, todos os nenos e nenas disfrázanse do que queiran; pero no colexio cada curso elixe disfrazarse dos protagonistas dun conto ou dun capítulo de cómic.

Pero seguindo as ordes do meco o xoves podiamos vir disfrazados do que quixéramos, e o mesmo xoves no colexio  baixamos todos os cursos e ensaiamos o desfile, facía moita calor pero encantoume

Séfora 5º

 

 

Comezamos o entroido coas ordes do meco;

 

o luns tivemos que vir con lentes,

o martes como era San Valentín tivemos que vir de vermello,

o mércores tivemos que vir de diferente peiteado,

o xoves tivemos que vir con todo ou como quixeramos

o venres todos os cursos fixemos actuación ;

os de infantil foron de pitufos

os de primeiro de Lucky Luke

os de segundo de los irmáns Dalton

os de terceiro de Popeye

os de cuarto de Tintín

os de quinto de Pica Pedra

os de sexto de Astérix e Ovélix

ao final cantamos a canción da paz e bailamos toda a maña.

Eduardo 5º

 

 

Na semana do entroido tivemos que obedecer ao meco, foi divertido,

 

o luns tivemos que vir cunhas lentes,

o martes tivemos que vir de vermello,

o mércores cun peiteado especial,

o xoves con todo ou cun disfrace,

e o venres co disfrace de cómic.

 

Os de infantil foron dos Pitufos,

os de primeiro e segundo foron de Lucky luke,

os de terceiro foron de Popeye,

os de cuarto foron de Tin Tín,

nos os de quinto fomos dos Picapedra,

os de sexto foron de Astérix e Ovélix,

e despois das actuacións invitáronnos a cantar o “ai se eu te pego” e bailamos toda a mañá.

José Luis 5º

Día da Paz 2012

DÍA DA PAZ

No día da paz reunímonos todos no patio de abaixo.

Os nenos de tres anos facían unha roda, os de 4 e 5 unha mediana e os de primaria unha grande.

Despois cantamos a canción "Corazón de cremallera"; ensaiada antes na clase.

Pasámolo xenial!!!

 

Carla 5º

 

No día da Paz fixemos unha roda grande

con todos os nenos do colexio.

Pasámolo moi ben cando cantabamos a canción

"Corazón de cremallera".

Ensaiamos no aula antes de cantala ni patio.

Todo foi moi divertido.

 

 

 

 

Michael 5º

 

Eu paseino moi ben e cantamos unha canción moi bonita titulada "corazón de cremallera".

Os máis pequenos estaban no medio, e os demais arredor, e foi moi divertido facer as flores.

Lucía 5º

Día da Paz

DÍA DA PAZ

O venres celebramos no Centro o día da PAZ; algo que a todos nos gustaría que non se quedase nun xesto, nun acto, nunhas actividades, se non que fose unha concienciación permanente, no de un día ou, con sorte, dunha semana.

Distribuir contido