ABALAR MOBIL

 

O centro, coa finalidade de aumentar o achegamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil desde calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.

A descarga desta aplicación faise desde Apple store (si o sistema operativo de IOS) ou desde Play Store (o sistema operativo de Android). 
As familias que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 

  Acceder aos datos persoais

 Consultar as cualificacións

 Consultar e xustificar as faltas de asistencia

 Consultar as faltas de conduta                                  

 Consultar os datos do centro educativo 

 Consultar os avisos ou notificaciones por parte do profesorado ou do centro educativo.

 Consultar as incidencias creadas polo profesorado

 Solicitar unha cita de titoría

 
AdxuntoTamaño
Uso biblioteca.pdf63.68 KB