RETO 8: OS MAIOS

Estimadas familias;

Xa estamos ás portas do final do curso e lanzamos o reto do mes de abril cos ollos postos en maio.Parece cedo, pero , para facelo ben, hai que facelo en tempo! Como cada ano, imos facer un MAIO no colexio e precisamos as COPLAS para cantar arredor do noso monumento! Con estas mesmas coplas participaremos na Festa dos Maios de Redondela.

Cada alumno/a deberá escribir 2 COPLAS de 4 versos cada unha, que se axeiten á melodía que se emprega en Redondela para cantalas ( ver e escoitar video https://youtu.be/bk8luXCEgms ).

Os que participedes gañaredes un carimbo novo na Credencial da Lingua!

Tedes que envialas ( en foto, en pdf, en documento, …) a musica@ceipdelaredo.com ou entregarllas á titora antes do 18 de abril para que nos dea tempo a seleccionalas, ensaialas e cantalas no noso Maio!

Moitas grazas pola vosa participación! E.D.L. Laredo e Biblioteca