Saída ao teatro

                                              

       

  O alumnado de 5º e 6º asistiron a un espectáculo de danza “Só unha excusa”, da man da Compañía !Las Tricotouses”, no Teatro Principal, o 18 de xaneiro. O traballo artístico desta compañía ofreceulles aos alumnos a posibilidade de ver unha improvisación de danza acompañada de iluminación especial para a través de movemento corporal escenificar catro distintos estados de ánimo. O espectáculo veuse complementado cun taller de danza no colexio que tivo lugar o mércores 20 de xaneiro.