Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

5 Sitios

5sitios

Segundo sitio

00/00/
Array

A segunda fotografía.

Que é?, donde está?

Data límite para enviar os comentarios-resposta o mércores 30 de maio.

Moi ben !!!  É a fonte que está na rúa do Campo.



O primeiro sitio !

00/00/
Array

Comezamos o xogo coa primeira fotografía.

fotografía dun sitio de Cariño.

En que sitio de Cariño foi tomada esta fotografía?, que é?

Podes pedir axuda aos teus pais Guiño

Data límite para escribir comentarios: venres 25 de maio

 

Parabéns a todos e todas, a imaxe corresponde a "la casa de la estrella" , antiga escola.

casa de la estrella, rúa das angustias

1 punto para os gañadores!!

Instrucións do xogo.

00/00/
Array

Ola,

Este xogo consiste en descubrir 5 Sitios de Cariño a partires de 5 fotos.

Normas do xogo:

1.- Poderá participar todo o alumnado do colexio de Cariño.

2.- Publicaremos 5 fotografías de 5 sitios de Cariño, para participar hai que deixar un comentario co nome do sitio que aparece na foto. O comentario debe ser da forma:

Nome, inicial do apelido e grupo de clase. Por exemplo Carmen R. de 5ºB

Non poñas o nome completo, nin outros datos persoais. Debaixo escribe o nome do sitio da fotografía.

3.- Só permitimos dous comentarios por persoa, se escribes máis non serán válidos.

4.- Os comentarios permanecerán ocultos ata a data límite, non poderás ver o que escriben as outras persoas, nin os teus comentarios.

5.- Os acertantes recibirán 1 punto, e ao final do xogo repartiremos un regalo entre os 3 participantes con máis puntos. Se hai máis de tres persoas gañadoras, sortearemos os regalos entre elas.

Se tes dúbidas podes preguntar ao teu profesor de Educación Física.

Para escribir o comentario preme na parte inferior en  "Engadir novo comentario

imaxe da xanela para escribir o comentario

Ligazón directa:  5sitios.colecarino.net

Distribuir contido