Secretaría
COMEZO DAS CLASES - Curso Escolar 2012/2013
Enviado por Caloto en Mér, 2012-09-05 10:20.E. PRIMARIA: mércores 12, ás 9:30
E. INFANTIL:
Alumnos/as de 5 anos: mércores 12, ás 10:30
Alumnos/as de 4 anos: mércores 12, ás 11:00
Alumnos/as de 3 anos: Informarase individualmente
O servizo de Transporte Escolar funcionará coa antelación suficiente para permitir a chegada dos alumnos ao Colexio á hora de entrada de E. Primaria.
As clases durante todo o curso escolar desenvolveranse en xornada normal en horario de 9:30 a 14:30.
INFORMACIÓN IMPORTANTE
Enviado por Caloto en Mar, 2011-06-21 17:41.O vindeiro curso escolar 2011/12 o centro participará nun Proxecto Piloto de emprego de Libros Dixitais, polo que os alumnos/as que cursen 6º de E.
COMEZO DAS CLASES
Enviado por Caloto en Lun, 2010-09-06 17:51.E. PRIMARIA: Venres 10, ás 9:30
E. INFANTIL:
Alumnos/as de 5 anos Venres 10, ás 10:30
Alumnos/as de 4 anos Venres 10, ás 11:00
Alumnos/as de 3 anos Informarase individualmente
AVISO DA DIRECCIÓN
Enviado por Caloto en Mar, 2009-12-15 16:13.SUSPENSIÓN DE CLASES - MÉRCORES, 16 DE DECEMBRO
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, 16 de decembro.
Esta medida tómase en base á predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro.
Esta medida foi comunicada a este centro de forma oficial ás 14:48 horas do martes, día 15 pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, polo que non houbo posibilidade de comunicación individualizada aos pais/nais/titores legais dos alumnos.
COMUNICADO DIRECCIÓN
Enviado por Caloto en Mar, 2009-11-03 13:06.Ante a situación creada polo crecente absentismo escolar a causa de enfermidade e as numerosas chamadas telefónicas recibidas no colexio, comunícase aos pais/nais/titores legais dos alumnos/as que a dirección do centro, seguindo o protocolo pertinente, está en comunicación via web e en tempo real co Servicio Galego de Saúde que está en coordinación coa Consellería de Educación. En ningún caso entra dentro do protocolo de actuación do centro a posibilidade de peche do mesmo.
Días non lectivos
Enviado por franmacias en Ven, 2009-10-30 13:02.Comunícase a nais e pais que o Consello Escolar adoptou no seu día o acordo de elixir como días non lectivos para o presente curso as datas do 2 de novembro de 2009 e o 18 de maio de 2010. Polo tanto , o alumnado reincorporarase ao centro o martes día 3 de novembro.
PROBA DE DIAGNÓSTICO
Enviado por Caloto en Mar, 2009-10-20 12:31.|
MÉRCORES 21 DE OUTUBRO
|
|
|
10:00 - 11:00 |
Aplicación da proba de Competencia en Comunicación Lingüística |
|
11:00 - 11:20 |
Descanso |
|
11:30 - 12:30 |
Aplicación da proba de Competencia Matemática |
|
12:30 - 12:50 |
Descanso |
|
13:00 - 13:45 |
Aplicación do Cuestionario do Alumnado |
|
13:45 |
Distribución do Cuestionario das Familias |
LIBROS DE TEXTO
Enviado por Caloto en Xov, 2009-07-02 11:33.
INSTRUCCIÓNS RECIBIDAS DA DIRECCIÓN XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aportará 180 € por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros en centros públicos e concertados, que vai sustituír progresivamente ao mecanismo de préstamo vixente. O novo programa dotará ás familias de bolsas que cubrirán a compra en función do nivel da renda, asegurando axudas para as familias con menos recursos.
A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar –ou ata 6.000 €, se a familia é monoparental- cunha axuda máxima de 180 euros por cada neno. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar –ou entre 6.000 e 9.000 € no caso das monoparentais-, a Consellería garante unha axuda aproximadamente da metade do custo.
Ademais, a bolsa será de ata 250 euros para o alumnado de Educación Especial, independentemente dos ingresos familiares.
A convocatoria de solicitudes de bolsas sairá publicada este verán e abrirá un prazo durante o mes de setembro para que as familias soliciten as axudas nos centros educativos.
Implantación progresiva
O sistema de axuda á compra de libros comezará nos dous próximos cursos para 1º, 2º 5º e 6º de Primaria e Educación Especial, que son os niveis nos que o calendario fixaba a reposición total. Polo tanto o programa actual de préstamo irá desaparecendo paulatinamente durante a implantación do novo sistema, polo que o vindeiro curso os alumnos de 3º e 4º de Primaria recibirán os lotes xa existentes nos centros no mes de setembro.
No Diario Oficial de Galicia do 25 de agosto aparece publicada a "Orde do 20 de agosto de 2009 pola que se convocan bolsas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario".
