Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Complementarias

Carreira campo a través

03/02/2020 09:30
Europe/Madrid

 


Atención: Esta actividade aprázase para o luns 3 de febreiro, se a choiva o permite.


 

 

O vindeiro 31 de xaneiro de 2020 participaremos nunha proba de "Campo a través" que se celebrará en Atios, Valdoviño, preto do campo de fútbol.

Hora de saída: 9:30 desde o colexio.

Hora de regreso: 13:30 ao colexio.

Participantes: equipos de 2º,3º,4º,5º e 6º.

As persoas participantes deberán levar roupa e calzado deportivo. Tamén recomendamos levar unha camiseta e calcetíns para cambiarse.

 

[Fotografías da actividade na nosa galería de imaxes]

Festival das danzas tradicionais do mundo.

30/01/2020 11:00
Europe/Madrid

Con motivo da conmemoración do día escolar pola Paz celebramos o noso XIX Festival das danzas tradicionais do mundo.

Unha das mellores formas de respecto entre as persoas é coñecer as súas tradicións.

O alumnado bailará danzas tradicionais de diferentes países. imaxe do mundo no que se amosa o nome das danzas, o país e o grupo que as baila. 

Cores para as danzas:

4ºInfantil: Branco , 5ºInfantil:Laranxa, 6ºInfantil:Vermello, 1ºA:Blanco, 2ºA:Negro, 3ºA:Cadros, 4ºA:Azul, 5º:Vermello ou negro, 6ºA:Azul ou Branco.

 

[ Fotografías do acto na nosa galería de imaxes ]

 

Cariño solidario 2020

24/01/2020 09:27
31/01/2020 15:30
Europe/Madrid

Cuestación anónima para a recollida de fondos para unha causa benéfica.

icona do proxecto Cariño solidario, non aporta información.Este ano colaboraremos con UNICEF nun reto para enviar 1.000 doses de vacinas a nenas e nenos en situación de risco.

Por cada 75 céntimos enviamos un kit de vacinación para polio, sarampión e tuberculose.

Coa túa axuda podemos alcanzar o reto !!

Durante a semana do 26 ao 31 de xaneiro poderanse entregar os sobres coa doación anónima.

Todos os días veremos os resultados no noso termómetro solidario.

Colabora connosco na cuestación anónima que levamos realizando no colexio con motivo do Día escolar para a Paz desde 1993. 27 anos de solidariedade!!!!

termómetro que indica a cantidade de 185 vacinas.fotografía do kit de vacinas de UNICEF

a 5 de febreiro: 1.103 kits de vacinación.

 

 

 

 

 

Reto conseguido e superado !!!!

Moitísimas grazas a todas e todos pola vosa aportación.

 

Recadación total a 5 de febreiro de 2020: 807,68 euros

 carta de agradecemento de UNICEF Galicia

Preme na imaxe para ver o documento en formato PDF.

 

 

 

Belén 2019

21/12/2019 19:12
Europe/Madrid

Como é habitual  este ano tamén contamos cun Belén que se expón á entrada do centro. Podedes botarlle un vistazo no seguinte video.

 

Xornal escolar decembro 2019

19/12/2019 10:00
Europe/Madrid

Xa publicamos o número 74 do noso xornal escolar "O Espigonciño".

Está feito coas aportacións das nenas e nenos do colexio de Cariño.

imaxe da portada do xornal.

 

 

Mural Colectivo pola Igualdade

04/12/2019 10:09
Europe/Madrid

Onte levouse a cabo a confección do Mural Colectivo pola Igualdade.Nesta actividade, proposta polo Concello,colaborou o noso alumnado xunto co alumnado da asignatura de Plástica do IES Cabo Ortegal. O mural foi deseñado polas artistas Sol e Blanca xunto con Elena,a profesora de Plástica do IES.O deseño está baseado nos debuxos seleccionados no concurso convocado polo Concello.O alumnado de 5º e 6º participou neste concurso e os autores/as dos debuxos que se elexiron para compoñer o mural son:

Mateo Vila Posada 6º

Janire Adrián Afonso 6º

Bianca Andrea Galán Mirea 5ºA

Alejandro Rubido López 5ºB

 

 

 

 

Distribuir contido