Skip to Content

Normalización Lingüística

Blog Biblioteca

Responder ó comentario

DÍA DO POBO XITANO, 8 DE ABRIL 2016

 

        Este ano, para celebrar o día Internacional do Pobo Xitano no CEIP Manuel Masdías fixemos varias actividades. A ultima foi este lúns 11 de abril, no que veu á nosa escola Alejandra Barrul Fuentes, unha rapaza xitana e estudiante de Dereito da Universidade da Coruña que ten o soño de converterse en xuíza e que deu unha charla aos nenos e nenas de 4º,5º e 6º de Primaria contándonos as súas experiencias educativas e expectativas laborais.Falounos, sobre todo, da importancia de poder escoller o que queremos para nós. Durante máis de dúas horas respondeu ao montón de preguntas que os alumnos e alumnas tiñan preparadas para ela.Segunda as palabras do noso propio director, Oscar González Montañes: "Magnifica experiencia para o noso alumnado poder falar con Alejandra, unha rapaza xitana coas ideas claras, chea de ilusións, cunha gran capacidade de esforzo que aportou a idea de que si queren, poden. 

Grazas Alejandra" 

Premendo nas seguintes imaxes tendes as ligazóns ás noticias que apareceron na prensa sobre esta rapaza e esta interesante charla: primeiro a noticia do seu paso polos colexios Masdías e San Xoán de Filgueiras a as dúas seguintes son as noticias previas (distintas aínda que leven case a mesma foto) todas no xornal La Voz de Galicia.A .

 

 

 

Pero xa o venres 8 comezamos a celebrar na escola o DÍA DO POBO XITANO:

En primeiro lugar, xa dende hai varias semanas, temos no RECUNCHO DE LECTURA DA BIBLIOTECA unha nova exposición na que podemos ver as fotos de varios compañeiros e compañeiras da escola celebrando a nosa convivencia xunt@s, porque na nosa escola entre pai@s e xitan@s xorden o tipo de cousas que poderedes ver premendo na imaxe:

Ademais, xa dende o venres, e durante toda a semana seguinte, temos unha pequena EXPOSICIÓN DE OBXECTOS DA CULTURA XITANA que varias familias do centro cederon  amábelmente á escola para esta conmemoración. Nela os nenos e nenas xitanas da escola explican aos demais as características e utilidades destes prezados obxectos. Premendo na primeira imaxe podedes acceder á noticia que sobre este acontecemento publicou o xornal Diario de Ferrol:

Por outro lado a mestra de 2º Lupe Ces leulles aos nenos e nena  de infantil e de 1º, 2º e 3º de primaria un precioso conto: A HISTORIA DO NENO XITANO ANTONIO que goza acompañando á súa familia aos mercados e tomando o chocolate con churros co seu avó e que un día ten unha idea para axudar a frear a contaminación do mar e preservar as especies mariñas.

AQUÍ TENDES O CONTO DE ANTONIO: 

 

 

Responder



by Dr. Radut